Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os veciños da Baña buscan traballo cos cursos de emprego

O alumnado realizou actuacións na escola da Corneira // Crearon un parque micolóxico

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou ós alumnos do Obradoiro de Promoción 2021 centrado en actividades auxiliares en conservación e mellora de monte e en operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Estes programas contaron cun apoio da Xunta de 376.000 €, financiados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación, que está a piques de rematar, porque mellora as capacidades para que as persoas sen emprego atopen un traballo, xa que inclúe tarefas nos municipios e prácticas nas empresas da contorna.

Concretamente, no concello da Baña os alumnos realizaron actuacións na escola da Corneira, crearon un parque micolóxico na finca Pedra Miñata, realizaron o mantemento da vía Mariana e levaron a cabo actuacións de mellora nas áreas recreativas de Fiopáns, Chousa e Chans.

Trenor destacou o compromiso dos concellos da Baña, Val do Dubra, Negreira e Santa Comba, asociados para sacar adiante este taller, coa empregabilidade “porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan”.

O delegado da Xunta apuntou que o Goberno galego “seguirá a apostar por estes programas nunha nova convocatoria para 2023, xa que estes obradoiros son un dos mellores e máis efectivos instrumentos para axudar ás persoas sen emprego a atopar un traballo na súa contorna e en áreas con alta demanda de profesionais”. Así mesmo, o delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que na comarca de Santiago estanse a desenvolver 10 obradoiros de emprego, para os que a Xunta reserva 3,5 millóns de euros para mellorar a formación de 184 desempregados.

Entre outras accións máis importantes do Goberno galego, que tamén se desenvolven na contorna desta comarca, destacan as Accións Formativas para Desempregados (AFD), que este ano contan con 79 cursos nesta área e cun investimento de máis de 2,8 millóns de euros para formar a 1.185 alumnos, e os sete PIE (Plans Integrados de Emprego) nos que se están a formar setecentas persoas sen emprego cunha achega que supera os 1,1 millóns de euros.

Neste senso, Gonzalo Trenor lembrou que en total a Xunta “está a investir na comarca de Santiago 7,4 millóns de euros en 96 programas de formación para axudar a máis de 2.000 desempregados da comarca”.

O obxectivo desta aposta polos obradoiros de emprego nos municipios da comarca compostelá non é outro que facilitarlles a búsqueda dun traballo cando rematen o seu período formativo e as súas prácticas en empresas.

21 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.