Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Outes busca renaturalizar o río Tines co apoio das tres universidades galegas

O Concello conta cun proxecto subvencionado pola Fundación Biodiversidade // Este desenvolverase ata finais do ano 2025

O proxecto Renatur_Outes desenvolverá unha estratexia de reordenación e integración ambiental no río Tines, en Outes. Subvencionado pola Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e coordinado polo Centro de Estudios Euro-Rexionais de Galicia e Norte de Portugal (CEER), ten como beneficiario principal ao concello outense e contará coa participación activa de persoal experto da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo), así como coa Fundación Montescola.

Renatur_Outes convértese nunha experiencia na que as tres universidades públicas galegas se poñen ao servizo desta administración outense. Así, desenvolveranse tamén “actividades de fomento da biodiversidade asociada ao río como a xestión adaptativa de barreiras transversais, creación de illas de biodiversidade, asentamentos de coleópteros, ou propagación de fentos termófilos, entre outros. En definitiva, o proxecto persegue a meta de renaturalizar o río Tines ao seu paso por Outes”, explicaron dende a administración municipal.

ACCIÓNS. Acometeranse tamén accións de recuperación de bosque de ribeira, eliminación de especies exóticas e invasoras, como Acacia spp ou Tradescantia fluminensis, limpezas do río e incluirá unha importante batería de accións de formación e divulgación á poboación da contorna, liderada pola Fundación CEER e o Concello de Outes, de voluntariado ambiental e de participación pública da cidadanía outense. Entre elas destacan actividades de ciencia cidadá, actividades de coñecemento do medio, rutas medioambientais, xornadas de plantación de bombas de biodiversidade, talleres con escolas ou asembleas de información cidadá e participación pública.

Nesa liña, o alcalde de Outes, Manuel González López, salientou que “o río é de todos e todas e é bo que poidamos coñecelo e preservalo”. Do mesmo xeito, o mandatario local apuntou que se trata “dunha primeira fase dun proxecto máis ambicioso de naturalización e reordenación urbana do cauce fluvial da Serra de Outes, para o cal se redactará un plan estratéxico con esa finalidade”.

Dende o Concello indicaron que o proxecto se desenvolve ata finais do ano 2025 e conta cun orzamento que supera os 900.000 euros.

13 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.