Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón decide cancelar a súa feira medieval por mal tempo

Padrón. Tanto Meteogalicia como a Axencia Estatal de Meteoroloxía anuncian unha alta probabilidade de choiva para a fin de semana, con temperaturas baixas para esta época do ano, debido a unha profunda borrasca que se vai colocar sobre as Illas Británicas. Por este motivo, o Concello de Padrón decidiu cancelar a Feira Medieval, que ía comezar este venres ás seis da tarde e pechar o domingo pola noite.

Esta suspensión non inclúe as actuacións programadas ata o venres ás dez da noite. Este mércores, día 31 de agosto, Os Quinquilláns ofrecerán o seu espectáculo de rúa Terra de Raíñas, ás 20.00 horas na praza de Macías. Os espectáculos infantís do xoves e venres tamén se manteñen no paseo do Espolón.

O concerto de Óscar Ibáñez & Tribo, programado dentro do ciclo de concertos do Xacobeo, é o único que se mantén. O gaiteiro e frautista pontevedrés recalará en Padrón o venres para ofrecer un espectáculo musical de primeira. O artista pontevedrés aproveitará para presentar o seu último traballo Da Terra, que inclúe pezas de antigos traballos discográficos como Alén do Mar e temas novos. O concerto será na praza Fondo de Vila, ás 22.00 horas, con entrada gratuíta. c.e.

31 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.