Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 26 noviembre 2022
14:49
h
Os rapaces dos campamentos das dúas localidades xuntaronse nunha visita ó convento de Herbón, coñeceron a Macías o Namorado e xogaron TEXTO Manuel Boo

Padrón e Brión xuntan as súas forzas por un día

Os nenos participantes no Campamento urbano 2022, organizado polo Concello de Padrón nas instalacións do Convento de Herbón, recibiron aos integrantes do programa de conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións estivais de Brión. A xornada de convivencia serviu para afianzar lazos entre os dous grupos, compartir experiencias e dar a coñecer ao grupo brionés algunhas das actividades que se están a realizar no campamento padronés e que xiran en torno á temática medieval.

Da man de dúas personaxes singulares que levan acompañando aos cativos de Padrón dende que iniciaron o pasado 4 de agosto a actividade de conciliación, Frei Estradón e o Bardo Bernardo, os integrantes dos dous grupos realizaron unha visita guiada polo convento e pola contorna, participaron nun obradoiro de xogos de busca activa e realizaron xogos na auga na piscina do convento franciscano. Tamén coñeceron un pouco máis de preto á figura do trobador Macías O Namorado e as cantigas de escarnio e maldicir. O grupo anfitrión amosoulle ao de Brión algunhas das composicións musicais que realizaron. Co ukelele versionaron músicas actuais con letras de trobadores medievais.

A xornada de convivencia rematou coa visita ao campamento do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e das concelleiras de Cultura e de Festexos, Lorena Couso e Carmina Bustelo. Tamén asistiron por parte do Concello de Brión, as concelleiras de Turismo e Patrimonio e de Cultura, Yolanda Bouzas e Sandy Cebral, respectivamente.

O alcalde padronés destacou a boa acollida que está a ter o campamento urbano e a proposta lúdico educativa que inclúe: dende dinámicas de grupos a xogos ou roteiros.

14 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.