Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Actuaron o Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra e as corais polifónicas da vila de Rosalía e de Betanzos // Remataron o acto cantando xuntos o ‘Adeste fidelis’ TEXTO M. Boo

Padrón vibrou este Nadal cun animado Festival de Panxoliñas

O Festival de Panxoliñas de Padrón citou no auditorio municipal a tres agrupacións: o Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra, a Coral Polifónica de Betanzos e a anfitrioa, a Coral Polifónica Padronesa. Ao longo de máis de sesenta minutos, as tres agrupacións participantes metéronse ao público no peto e colleitaron numerosos aplausos.

Da man do Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra resoaron polo escenario panxoliñas como Dime niño de quién eres ou No Portal, e as cancións Dormi mon piangere e Noite Azul. Mentres que a Coral Polifónica de Betanzos interpretou as panxoliñas Vedle nacer, Silencio que duerme o Ro, mi niño, ro, e unha canción tradicional de Arxentina, Lirio del Alba. Manuel López, coñecido como o cura de Betanzos, que leva catro décadas dirixindo esta agrupación, agradeceu a presenza do público e dixo que acudían a este certame dispostos a “aprender algo e a pasalo ben”.

Pola súa banda, a Coral Polifónica padronesa, pertencente á Sociedade Cultural Padronesa, cantou as panxoliñas Arrurrú, meu neno e Regalos da Feira e interpretou as cancións Nosa Señora da Barca (Alalá de Muxía) e a cantiga popular galega Pasei o Mar de Marola, con arranxos de Feijóo Sousa. O seu director, Santiago López Blanco, informou que a agrupación está “cambiando o seu repertorio e centrándose máis na música galega”.

Ao remate, a concelleira de Cultura, Lorena Couso, e o edil de Relacións Veciñais, Francisco García, entregaron un agasallo a cada unha das corais, que remataron cantando ó unísono Adeste fidelis baixo a dirección de Manuel López.

26 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.