Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Paiosaco converterase na capital das cereixas os días 2 e 3 de xullo

A tradicional feira está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia dende 2014

A Laracha. A celebración gastronómica de maior relevancia e tradición do Concello da Laracha, a Festa das Cereixas de Paiosaco, celebrarase na fin de semana do 2 e 3 de xullo. O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Patricia Bello e Ramiro Bello (xunto cos membros da Comisión de Festas de Paiosaco) presentaron o programa no campo da feira.

O sábado 2 de xullo a festa comezará co VII Aberto das Cereixas de billarda que organiza o Club Billarda Campo da Feira. Pola noite haberá verbena amenizada polo Grupo Studio e os DJ’s Cotton & Yuni. Xa o domingo, no propio día da Feira das Cereixas –festa declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2014–, desde o mediodía a escola de samba Malandros amenizará a xornada.

A partir das 19.30 horas a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicionais galegos. Pola noite, a partir das 22.00 horas, porase o broche de ouro á Feira das Cereixas co concerto de Guadi Galego. A que fora vocalista, pianista e gaiteira de Berrogüeto iniciou en 2009 unha destacada carreira en solitario que a levou a ser unha das artistas galegas máis relevantes. Na organización colabora a Deputación da Coruña. M. Lavandeira

20 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.