Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden que os nenos do campamento Os Tilos usen a piscina

A Asociación de Veciños esixe solución e o Concello asegura que permitilo é ilegal

A Asociación de Veciños de Os Tilos mostraba ao Concello de Teo o seu malestar ante a imposibilidade de que os nenos e nenas dos campamentos da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos desfruten das piscinas municipais. Un tempo de uso das instalacións que din, “non supera a hora e media e se realiza en horario que non afecta ao resto das persoas usuarias”. Non entenden “a actitudemostrada polo Concello de Teo neste tema que obriga ás nenas e nenos a acudir a unha piscina privada e non buscan ningunha solución”.

Ante esta situación, o goberno local emitiu un comunicado no que aclaraba que o acceso ás piscinas municipais dos Tilos, Luou e da Ramallosa réxese por unha ordenanza municipal aprobada polo pleno da corporación e publicada no BOP do 23 de xaneiro de 2013 e tres posteriores modificacións. “En ningún caso nesta ordenanza se recolle bonificacións ou exencións para as asociacións municipais. Á vista desto non se pode encaixar a gratuidade para as persoas participantes do campamento de Arcos Tilos por non cumprir coa norma que regula o acceso ás piscinas municipais. Facer o contrario suporía unha ilegalidade”, aseguran

En relación con isto, argumentan dende o Concello, “dende a concesionaria das piscinas indícannos que noutros anos tiña asinado coa entidade Arcos Tilos un contrato de prestación de servizos polo que a asociación daba o servizo das bibliopiscinas. O pago deste contrato facíase en especie, permitindo o acceso á piscina dos Tilos nun horario de mañá concreto para as persoas dos campamentos. Este contrato de prestación de servizos non está en vigor neste momento”.

Ante esta resposta dende a Asociación de Veciños Os Tilos aclaran que non preguntaron pola gratuidade do acceso á piscina, senón que lle recriminan ao goberno local que non buscase unha solución. Por outra banda aseguran que falaron coa entidade Arcos Tilos e que esta asociación solicitou solucións a este problema. “A última comunicación foi por correo electrónico o pasado 3 de maio ao concelleiro responsable e non obtivo resposta”, din.

Tamén aseguran que a partir do 2013 puidose modificar a ordenanza e non se fixo, e por iso agora demandan solucións ao Partido Popular, PSOE e BNG “xa que se ve que os que gobernan van un pouco lentos en solucionar estas cuestións”.

12 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.