Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pista polideportiva e obras na piscina e ximnasio larachés

O Concello da Laracha vén de aprobar en xunta de goberno local a aprobación dun suplemento de crédito e dun crédito extraordinario que posibilitará incorporar aos orzamentos municipais un total de 585.155,22 euros do remanente líquido de tesourería como fonte de financiamento para diversos fins de interese xeral para a cidadanía larachesa que foron detallados polo alcalde. José Manuel López Varela explicou que 95.000 euros serán para a adquisición dunha parcela de preto de 9.000 metros cadrados de superficie en Paiosaco “que se destinará a equipamentos e está situada nas inmediacións do resto de instalacións públicas da vila como o CEIP Alfredo Brañas, o campo de fútbol A Porta Santa e o centro sociocultural, aos que servirá de complemento”. Trátase dunha “aposta importante”, xa que permitirá “ir incorporando distintas dotacións, e mesmo vincular algunhas ao colexio”. A primeira delas xa está proxectada, financiarase tamén co mesmo crédito extraordinario aprobado hoxe e consiste na construción dunha pista polideportiva descuberta valorada en 157.000 euros.

Outro proxecto que se financiará co remanente e valorado en 227.000 euros consiste na reforma integral do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha. O rexedor informou á Corporación sobre as actuacións previstas tanto no exterior como no interior da instalación. Na zona da piscina intervirase no vaso, o teito, a praia e tamén o equipamento do aire. No ximnasio será renovado por completo o solo e incorporada nova maquinaria. López Varela apuntou que, unha vez estean executadas estas actuacións, o Concello sacará unha nova licitación para a xestión do complexo.

Na xunta de goberno tamén se expuxo a intención de pór en valor a carballeira de San Fins e indicouse que se financiará a redacción do Plan Especial do entorno da igrexa de San Martiño de Lestón e a reforma do cento sociocultural da Insua en Caión.

30 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.