Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ponteceso busca apoio para crear 80.000 m2 de aparcamentos e espazos públicos en catro zonas

Ponteceso. O Concello de Ponteceso trata de desenvolver o PXOM e o Parque Bouzas, entre a depuradora e o canal que separa Trabe de Ponteceso. Asimesmo, solicita que se poida aparcar no porto de Corme “igual que se fai no de Malpica, onde non se multa a ninguén”, segundo o alcalde, Xosé Lois García.

O rexedor dixo que o consultou coa confraría de Corme e que, garantindo o respecto ás zonas de traballo do sector do mar e o acceso á lonxa nova e ás naves, fíxolle unha proposta a Portos de Galicia.

Por outra banda, o Concello colabora coa Igrexa na recuperación de 6.000 m2 en Pazos, nun terreo anexo ó templo, para habilitar aparcamentos e unha zona de esparcemento. Asimesmo, en Nemeño a administración local negocia cun particular a adquisición de 550 m2 anexos á praza xunto á igrexa. “O terreo procede dunha herdanza e, cando se complete a súa inscrición notarial, ímolo adquirir para o campo da festa e para aparcamento o resto do ano”, sinalou o alcalde. Con estes proxectos, o Concello agarda conseguir 80.000 m2 adicionais para espazos públicos, para o que pide apoio á Xunta de Galicia. s. souto

02 feb 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.