Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Se eu Fose ALCALDEsa ...

... “Poría sobre as cinco e media da mañá o primeiro bus”

Estudante

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, solteira, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Como habitante do Milladoiro a verdade é que habería moitas cousas que melloraría se fose alcaldesa, pero se só me puidese quedar con tres, serían as seguintes: en primeiro lugar, os horarios dos buses, xa que como estudante da USC, dependo deles para trasladarme ao meu centro de estudos e coma min moita máis xente que os necesita. Estos pasan moi mal e non cumplen cunha puntualidade rigorosa que se poida dicir. A maiores, aumentaría os espazos destinados ao aparcamento, dado que o considero bastante difícil se non contas cunha praza de garaxe. Por último, investiría máis en zonas verdes, para poder dar un paseo en condicións e aparcar tanto edificio e asfalto tras o traballo.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de residir no Milladoiro é a tranquilidade que existe e o bo acceso que temos a todos os servizos necesarios; ademais, Santiago está a tiro de pedra de aquí.

E o que peor leva?

O que menos me gusta do Milladoiro é, sen dúbida algunha e como xa dixen ao principio, a mala frecuencia que ten o bus, xa que no cumple o horario estipulado e para o meu parecer comeza a pasar moi tarde.

21 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.