Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Feijóo destacou a remodelación como exemplo da aposta pola integración dos portos nas vilas costeiras e a súa apertura ao mar // Avanzou novos proxectos no municipio, como a ampliación do número de atraques en Portosín TEXTO Marta Torres

Porto do Son inaugurou unha revitalizada fachada marítima

Durante un encontro entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, alá polo ano 2014, xurdiu o proxecto de remodelación da fachada marítima; hoxe é unha realidade. Este mércores ambos mandatarios presidiron o acto inaugural do novo paseo, acompañados pola conselleira do Mar, Rosa Quintana; a presidenta de Portos do Galicia, Susana Lenguas; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o patrón maior, o secretario da confraría e os arquitectos que se encargaron da redacción do proxecto.

O presidente autonómico referiuse á remodelación do bordo portuario como exemplo da aposta pola integración dos portos nas vilas costeiras e a súa apertura ao mar.

“Trátase de facer compatible a actividade portuaria coa humanización da contorna, porque fermosismo é rehabilitar edificios de valor histórico nos cascos vellos das cidades e é reducir os impactos paisaxísticos, pero tamén é mellorar as fachadas marítimas e converter os bordos portuarios en zonas atractivas para os turistas e os veciños, xerando riqueza na vila”, afirmou durante a visita ás obras realizadas.

O Goberno galego investiu nesta actuación catro millóns de euros e actuou nunha superficie de 26.000 metros cadrados. Os traballos realizados permitiron reorganizar a vía, crear un edificio de servizos náuticos e portuarios na proximidade do dique, humanizar a contorna coa plantación de árbores, harmonizar a zona –de xeito que todas as rúas que cruzan a vila ata o porto teñen pavimento de pedra– e construír unha rotonda elevada na entrada que permite regular o tráfico.

Feijóo destacou que esta obra é un conxunto de actuacións. “Comenzamos con novos pantaláns con 50 prazas para buques pesqueiros de gran tamaño que instalamos en O Son; conseguimos mellorar a praza do Curro en Portosín e o desenvolvemento de 20 proxectos ao abeiro dos grupos locais de acción pesqueira; despois fixemos esta obra. Levamos investidos só no sector portuario pesqueiro 6 millóns de euros”, indicou o presidente.

Neste sentido, avanzou que a Xunta ten comprometidos e presupuestados novos proxectos na zona vinculados co ámbito marítimo. “Imos mellorar o abrigo e ampliar o número de atraques en Portosín con case 2 millóns de euros e tamén acondicionaremos as lonxas”. A estes proxectos sumaranse outros en eidos como o educativo, coa construción dun novo colexio; o sanitario, cun novo centro de saúde; o saneamento, cunha nova depuradora no núcleo de Queiruga e, na súa aposta polo fermosismo, darán unha imaxe máis natural á praia de O Cruceiro, organizando os accesos á mesma a través dunhas dunas.

O presidente do Executivo autonómico concluíu recordando que a Xunta está a facer unha grande aposta por mellorar as instalacións portuarias de toda a Comunidade. Non en van, desde 2009 investíronse máis de 200 millóns nos peiraos autonómicos coa creación de amarres e abrigos, entre outros aspectos.

Ademais, aproveitou o acto para pedir ao Goberno central que toda a frota poida acollerse á rebaixa do prezo do combustible, e a outras medidas adicionais como a flexibilidade interanual nas cotas de pesca.

o protagonista
“A xunta leva investidos 50 millóns neste concello”
Luis Oujo Pouso
Alcalde de Porto do Son

O alcalde asegurou ante Feijóo estar “moi agradecido, non só por esta obra, senón por todo o que fixeches por O Son. A Xunta leva investidos máis de 50 millóns de euros no Concello. Podemos falar de saneamento, de abastecemento de auga, de melloras en seguridade viaria, investimentos en colexios, en sanidade ou en servizos sociais”.

Tamén tivo palabras de agradecemento para os arquitectos Marcial Rodríguez e Juan Creus “porque fixéchedes un moi bo proxecto, integrando a vida portuaria coa zona urbana”, así como para a UTE formada por Canarga e Abeconsa. “Detrás dun bo proxecto tamén ten que haber unha boa execución. Quero agradecer que non só levaron a cabo unha boa execución senón que foron capaces de que a xente de Porto do Son fora o menos molesta posible”, sinalou ao respecto Luis Oujo.

{ blanco o negro }
Simplemente espectacular
Marta Torres

Quizás la base del éxito de estas obras está en el entendimiento y consenso que ha existido entre todas las partes implicadas: la administración local, la Xunta, Portos, los pescadores, el sector comercial y hostelero. La transformación de la fachada marítima sonense comenzó en agosto de 2020 y a día de hoy luce irreconocible, pero más bella que nunca. El objetivo de esta actuación no era otro que abrir la villa al mar, ese al que tanto debemos, creando amplias zonas para el aprovechamiento y disfrute de los vecinos en la franja litoral. Se ha conseguido una villa más humana y accesible, integrando la actividad portuaria con la del casco urbano, que conserva sus señales patrimoniales y de identidad. Simplemente espectacular.

14 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.