Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Praia, piragüismo e visitas culturais para a mocidade

Os interesados en participar no Campamento Xuvenil de A Baña teñen ata o 15 para anotarse

O Concello da Baña xa ten en marcha os campamentos de verán, pero agora vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Campamento Xuvenil 2022, que se desenvolverá no lugar de Espiñeira (Boiro) do 26 de agosto ao 2 de setembro. A actividade, organizada pola concellería de Cultura, Educación, Muller, Igualdade e Normalización Lingüística, está dirixida á menores de 8 a 16 anos do municipio. En total, o Concello oferta 18 prazas.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o venres 15 de xullo para formalizar a súa inscrición. As actividades que se levarán a cabo no transcurso do campamento serán de índole educativa e cultural. Terán por obxecto fomentar valores como a solidariedade, a confianza, a cooperación, o respecto persoal e colectivo.

Así, están programadas actividades de piragüismo, camiñadas, visitas culturais e actividades na praia, entre outras. O prezo do Campamento de Verán 2022 para as persoas censadas na Baña é de 100 euros no caso de que só participe un menor da unidade familiar; 75 € no caso do segundo irmán e 50€, o terceiro fillo. Para as persoas non censadas, as contías a abonar serán de 150 €, 112,5 € e 75 €, respectivamente.

Naqueles casos nos que a unidade familiar, empadroada na Baña, non conte cuns ingresos iguais ou superiores a dúas veces o Iprem (597,02 euros), e tras a emisión do informe pertinente, a contía a pagar será 40€ se só participa un ou unha filla ; 30 € e 25 €, no caso do segundo e terceiro irmán, respectivamente. A contía inclúe a estadía, a comida e o transporte.

Segundo as bases que regulan o Campamento Xuvenil 2022, aprobadas polo Concello, as solicitudes deberán ir asinadas polo pai, nai ou titor legal. Ademais de cubrir a folla de inscrición, as persoas solicitantes deberán aportar unha fotocopia do DNI do menor, a fotocopia do documento de identidade da persoa titular da conta; a tarxeta sanitaria, e, de ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial. Unha vez cumprimentada a ficha de inscrición, esta debe presentarse, xunto co resto da documentación, ben no rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00, ou ben por sede electrónica. No baremo das prazas terán prioridade os menores de 8 a 16 anos cuxa unidade familiar estea empadroada no municipio e os menores que sexan fillos do persoal do Concello.

11 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.