Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 31 enero 2023
01:18
h

Premios á excelencia académica no instituto Fernando Blanco de Cee

CEE. David Santabaya Paz (3º ESO), Adriana Castiñeira Iglesias (1º Bacharelato), Rois Nazareth Mayo Sánchez (1º Ciclo Básico Electricidade e Electrónica), Sara Andrade Formoso (1º Ciclo Medio Xestión Administrativa) e Alejandro Lavandeira Casais (1º Ciclo Superior Automatización e Robótica Industrial) recibieron este venres as Becas-Premio Fernando Blanco, logo de conquerir notas medias de entre 9 e 10 no curso 2021-22. Cada un deles recibiu unha beca por valor de 500 euros (200 € en metálico e 280 € en vales de compra).

Ao acto de entrega asistirón a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela; a Inspectora de Educación, Magdalena Duarte Blanco; a presidenta da Fundación Fernando Blanco e directora do instituto, Chelo Trillo Lago; o secretario da Fundación, Darío Areas Domínguez; concelleiros da Corporación ceense e representantes das empresas patrocinadoras dos premios. A música da cerimonia correu a cargo de Marcos Traba, quen deleitou aos presentes con tres pezas.

A celebración comezou coa tradicional ofrenda floral no sepulcro de Fernando Blanco de Lema, situado na capela do centro educativo e, despois, nas intervencións louvaron a súa figura e o seu altruísmo, froito do cal Cee conta “cun dos centros educativos de referencia en Galicia dende finais do século XIX, motor do desenvolvemento educativo, cultural e social da vila”, afirma Darío Areas.

As Becas-Premio Fernando Blanco están destinadas a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no instituto ceense, e para optar ás mesmas é requisito imprescindible ter tódalas materias aprobadas en xuño cunha nota media mínima de 8,5.

29 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.