Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O monte que conecta os municipios de Ames, Teo e Santiago atópase en moi malas condicións na sua vertente á Rúa do Rego// As fincas están asolagadas pola maleza e os veciños temen por mor de que aconteza un incendio TEXTO Pedro Brea

Preocupación no Milladoiro polo mal estado da Curuxeira

Chega a fin do verano pero con iso non se termina o perigo de incendio, feito que atemoriza aos veciños da rúa do Rego dende hai xa unha infinidade de meses. O problema reside no Monte da Curuxeira, concretamente, na sua vertente cara esta zona da localidade amesá. Este bosque conecta os municipios de Ames, Teo e Santiago e é precisaamente por iso que o seu control é especialmente conflitivo, xa que ao depender de tres concellos os límites non adoitan a estar claros, xerando deste xeito un abandono xeralizado por parte das institucións, que son as que deben actuar cando os propietarios das parcelas non levan a cabo o coidado das fincas.

A día de hoxe na rúa do Rego pódese observar como a maleza que provén das parcelas que lindan coa estrada estáse a introducir dun xeito máis que prominente na rúa, incluso, chegando a tapar en moitos puntos as sinalizacións pertinentes. Así pois, a maior preocupación dos veciños é que se poida chegar a producir un incendio, dado que a estrada apenas separa ó monte dos edificios, puidendo trasladarse as chamas dun punto ao outro sen apenas dificultade. Tal e como nos fixo saber unha vecña da zona “esta parte da cidade leva neste estado anos e ninguén fai nada por solucionalo, por moito que nos queixemos segue todo igual”, di a residente.

responsabilidades. A tarefa de manter limpas e en bo estado as parcelas agrestes é dos seus respectivos donos, pero no caso de que estes non se fagan cargo das mesmas e dependendo do tipo de solo co que este calificado a parcela, será o Concello ou a Xunta de Galicia a que se deberá encargar do mantenemento dos devanditos espazos. No caso de que o a labor fose da administración local, esta non pode actuar de motu propio, xa que é necesaria unha denuncia previa dos veciños das zonas que eles consideran que supoñen un perigo para a integridade da zona, para que unha vez recibida se poida ver que tipo de solo é e a quen lle corresponden as responsabilidades.

ignorados. Tal e como puido saber este periódico, os veciños da rúa do Rego están fartos de denunciar a situación por tódolas canles posibles e pese a todos os seus esforzos non foron escoitados por ninguén. De feito, tal e como dixo outro veciño da zona “ só lle van poñer remedio cando ocurra algunha desgraza, nese momento levarán as mans á cabeza e darannos a razón, eso sí, non poderán dicir que o estado do Monte da Curuxeira non fora denunciado polos veciños”. Así pois, os residentes da zona, fartos do lamentable estado no que atopa a zona, esperan que dunha vez por todas o Consistorio tome medidas e garantice a seguridade de tódolas persoas que viven na devandita rúa e que teñen medo a unha desgraza.

Dende o Concello
O que teñen que facer os veciños é mandar un escrito

··· A solución pasa polas mans dos veciños que son os que han de mandar un escrito ao Concello denunciando a situación vixente e expoñendo cales son as zonas que supoñen unha maior amenaza, para que de xeito posterior, dende o Consistorio analicen de que tipo de solo se trata cada parcela e vexan a quen lle correponde a responsabilidade de manter dita finca nun estado adecuado e correcto.

··· O problema é que o Monte xunta tres concellos, sendo por isto que moitas das responsabilidades están divididas e, na maioría dos casos, as tarefas e obrigas rexeítanse aos outros consistorios, entrando así nun bucle eterno de evasión de responsabilidades e alusións constantes que non solucionan absolutamente nada, facendo que a situación se manteña nas mesmas condicións pese ao tempo.

··· No caso de que se trate de solo forestal será responsabilidade da Xunta de Galicia manter a zona nunhas adecuadas condicións que non supoñan un perigo para as poboacións que se atopan preto do monte no suposto de que se chegara a producir un incendio forestal que afectase á zona do Monte da Curuxeira que dá ao Milladoiro.

13 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.