Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentan 1.234 sinaturas polas eivas dos autobuses

A Baña. Representantes do BNG de concellos que se sitúan na liña de buses que comunica A Baña, Negreira, Brión e Ames –con saída e regreso a Santiago–, xunto con cargos da comarca entregaron este venres no Parlamento as 1.234 sinaturas dos usuarios para esixir á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade “que poña fin ao deterioro e diminución do servizo na comarca”.

Así, os representantes locais, en presenza da responsábel comarcal do BNG, Elvira Cienfuegos, e da deputada Iria Carreira, denuncian así “a supresión de liñas, os cambios de horario sen información previa, o mal estado de conservación dos autobuses e a falta de atención ás persoas usuarias e demandan unha mellora da calidade do servizo con horarios acaídos ás necesidades da poboación, tanto traballadora como escolar”.

As reivindicacións súmanse ás das asociacións de nais e pais dos alumnos e directivas dos institutos polas demoras confirmadas. C.G.

18 feb 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.