Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Na Barcala teñen itinerarios dendes as áreas recreativas de Covas e Fiopáns // A brionesa do Lupario remata cunhas vistas únicas, como a da Cova en Vedra

Propoñen rutas á beira dos ríos co GDR Terras

A riqueza dos ríos da comarca non pasa desapercibida, e dende o GDR Terras de Compostela danlle pulos a estes destinos fluviais como recurso turístico. Non son todas as que hai, pero merécense un apartado propio a oferta que neste senso fan dende Vedra e os concellos que integran Barcala e tamén A Maía.

Comezando por Negreira, á beira do río Barcala atópase a área recreativa do Refuxio de Covas, un entorno “ideal para pasar un día en familia gozando dun espléndido entorno natural e practicando sendeirismo, xa que ten unha ruta a pé perfecta para realizar con nenos, apenas 2 km que arrinca dende as proximidades do Pazo do Cotón”. Non moi lonxe, na parroquia bañesa de Fiopáns, existe outra zona recreativa á beira do Tambre que conta con ruta e paneis informativos que recollen o patrimonio etnográfico e a fauna. Como a anterior, ten espazo pra comer e facer barbacoas.

En Vedra poden presumir dun itinerario, a Ruta de San Xoán da Cova, que transcorre pola marxe dereita do Río Ulla, aproveitando camiños de paso e as sendas de pescadores. Pola súa banda, xa na comarca da Maía, existen cando menos dous traxectos de indubidable interese. En Brión teñen a Ruta do Castro Lupario e Río Sar, que pode realizarse en unha ou dúas etapas, e parte da Carballeira do Santo Arandel, entre Chave e Ponte Beca, e diríxese primeriamente cara á aldea de Xinzo, visitando a citada ponte e o Castro Lupario, cunhas vistas panorámicas únicas. E xa en Ames, gábanse coa súa Ruta do Rego dos Paso, sendeiro que descorre pola marxe esquerda do Rego dos Pasos, entre Bertamiráns e a aldea de Pousada.

11 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.