Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reforma integral: o CEIP Flavia mellora as súas instalacións

Actuarase no centro escolar padronés por case un millón de euros // Os traballos implican a reposición da cuberta ou a limpeza da fachada

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou este martes o colexio CEIP Flavia, en Padrón, onde afirmou que este ano o seu departamento realiza un investimento de algo máis de 6,5 millóns de euros en 65 actuacións de mellora nos centros educativos da comarca de Santiago de Compostela, entre as que se atopa a rehabilitación integral do CEIP Flavia.

Segundo explicou o conselleiro, ademais desta rehabilitación que se acaba de licitar por un importe de case 1 millón de euros, a Xunta vén de licitar reformas similares noutros dous centros da comarca (o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei e o IES Lamas de Abade, ambos na capital compostelá), así como diversas melloras noutros tres máis. Segundo lembrou, en total en Galicia estanse comprometendo antes de fin de ano 84 obras, cun orzamento de case 40 millóns, o que reflicte que “desde os departamentos técnicos da Consellería este verán se estivo traballando arreo para a mellora das infraestruturas educativas, o que repercute directamente no confort dos seus usuarios”, das que seis son na área de Santiago, por importe de case 2,9 millóns. De feito, co obxectivo de renovar as instalacións dos colexios e institutos de cara o curso que está a piques de comezar, en toda Galicia estanse acometendo 557 obras de reforma en centros das catro provincias, cun investimento de 30 millóns, 58 delas en Santiago e área, cun orzamento de case 2,8 millóns de euros.

No CEIP Flavia, as obras teñen un prazo de execución de 5 meses, e abranguen a reparación da cuberta do edificio coa substitución do material actual por tella cerámica curva, a rehabilitación da fachada coa limpeza de pedra e aplicación de hidrofugante ou a instalación de falso teito, entre outros labores.

01 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.