Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reforzan a seguridade na estrada AC-423 que comunica Agrilloi e Ponteceso

Bergantiños. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana, José Muíño, e polo xefe territorial de Infraestruturas, José Antonio López, supervisaron o remate das obras da primeira fase de acondicionamento da estrada AC-423, que une Agrilloi e Ponteceso. Os traballos supuxeron un investimento de máis de 1 millón de euros. Trenor destacou que este tipo de actuacións incluídas no Plan de Reforzos de firme teñen como principal obxectivo conservar as estradas autonómicas e investir na súa mellora co fin de garantir a seguridade dos cidadáns e mellorar os servizos e a calidade de vida dos galegos.

A intervención levouse a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5+350. Trátase da primeira fase de acondicionamento dun treito de 5,3 quilómetros, no que se mellorou o firme naqueles treitos que presentaban deterioros, estendendo unha nova capa de rodadura. Tamén se rectificaron as curvas con radio reducido (aquelas cun radio inferior aos 50 metros) nun treito aproximado de medio quilómetro.

Trenor destacou que a actuación tamén contemplou a execución de tres treitos de sendas en distintos puntos da estrada: un total de 1,4 km de itinerarios peonís que agora conectan cos que xa hai na actualidade, para favorecer os desprazamentos a pé.

Ademais, colocáronse varandas de protección nos lugares onde hai maiores desniveis e renovouse unha marquesiña deteriorada, para garantir o acubillo e protección dos usuarios do bus.

O delegado da Xunta recalcou que, como actuacións complementarias, levouse a cabo unha mellora importante na sinalización, nos elementos de balizamento e defensa.

08 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.