Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Remata a ocupación dos activistas que ocuparon a illa da Creba o sábado

MUROS. O grupo de activistas organizados na Plataforma pola recuperación da Illa da Creba, que na mañá do sábado tomaron a illa reclamando a súa devolución ao pobo galego, puxeron fin á ocupación simbólica logo de “recabar probas, a través de fotografías e vídeo, de ilegalidades que se están a acometer alí”, afirma o seu portavoz Rodrigo Molinos.

Entre elas, subliñan, “a repoboación forestal con árbores non autóctonas, mesmo con algunhas especies invasivas, a pavimentación ilegal na liña de costa, co levantamento de valados de cemento na mesma, pasando polo mantemento da construción do dique de abrigo, que ten unha sentenza firme de derrubo que non foi executada, até as propias construcións de instalacións hoteleiras e anexos ás mesmas, e moitas máis” explicou Molinos.

Asegura que farán “todo o que estea na nosa man para frear esta desfeita” e dende a plataforma agradecen "a participación da veciñanza de Esteiro”. M. LAVANDEIRA

11 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.