Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 noviembre 2021
19:06
h

Rememoran en Malpica
as Misións Pedagóxicas do ano 1933

A veciñanza volverá gozar dun espectáculo de monicreques e unha mostra fotográfica

Coristanco. O departamento de Cultura de Malpica, dentro da programación da Rede Cultural 2021 da Deputación Provincial da Coruña, rememorará as Misións Pedagóxicas de 1933 cunha mostra fotográfica e un espectáculo de monicreques. Conmemoraranse así as históricas representacións de José Val de Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís e Rafael Dieste.

O 20 de outubro de 2021 cúmprense 88 anos desde que o público malpicán puido gozar dunha serie de actividades con monicreques que acabarían percorrendo toda España co obxectivo de achegar a cultura a toda a poboación. Deste xeito, o Fondo Lugrís do Centro Cívico será o escenario dunha mostra fotográfica das Misións Pedagóxicas do ano 1933, que estará aberta ao público entre os días 18 e 31 de outubro.

Ademais, o 24 de outubro ás 18.00 horas terá lugar o espectáculo Varietés do animalario, da compañía teatral Paporrubio, na Praza Anselmo Villar Amigo. Será necesario inscribirse previamente, xa que o aforo máximo é de 100 persoas. Poderán reservarse asentos a partir do 15 de outubro enviando un correo a anton.noceda@malpicadebergantinos.es. Cada persoa poderá solicitar ata catro asentos. A concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, destacou a importancia “dunha conmemoración histórica non só para Malpica, senón para todo o país”. “Queremos facer un tributo a unha iniciativa pioneira que sentou as bases para o proceso de alfabetización da sociedade”, engadiu. M. L.

09 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.