Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Renovarán a carpintería e o illamento do colexio Eugenio López, de Cee

CEE. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o CEIP Eugenio López de Cee, no que se vai acometer a renovación das carpinterías e do illamento térmico exterior cun investimento de máis de 380.000 euros. Adaptarase así ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia. Trenor, que estivo acompañado pola alcaldesa, Margarita Lamela, e o portavoz do PP, Antonio Domínguez, mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación que xa se levou a cabo, e que marca un prazo de execución de tres meses para esta actuación.

O proxecto propón a substitución das carpinterías exteriores por unhas novas con rotura de ponte térmica e vidros cun mellor comportamento enerxético e contempla tamén a instalación dun sistema de illamento térmico polo exterior de parte dos cerramentos do edificio, patios e a fachada sur do edificio principal.

Segundo explicou o representante do Goberno autonómico, esta importante actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan no centro. Este plan, engadíu, “supón avanzar nun novo concepto de centros educativos postcovid ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas”.

01 sep 2021 / 17:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.