Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
25-N. Manifestos e concentracións repítense polos municipios de Área // Melide abriu un punto violeta e hoxe presenta un vídeo // Poemas en Teo e un banco morado en O Pino // Marchas e charlas en Barbanza e Noia TEXTO S. E./ E. P.

Rexeitamento unánime dos concellos á violencia machista

Corporacións, colectivos, centros educativos, e vecindade en xeral amosa hoxe de forma unánime o seu rexeitamento contra a violencia machista. Os manifestos e concentracións son a tónica neste 25 de novembro, Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero.

Así, o Concello de Melide realizou actividades o longo desta semana para conmemorar este día. Onte inaugurou un punto violeta na biblioteca muncipal, e esta tarde, as 20.30 horas, terá lugar xunto ao Concello a lectura do manifesto e a presentación do vídeo contra la violencia machista realizado polo alumnado do IES.

En Ames o acto institucional celebrarase ás 18.30 h, na praza do Concello. Asistirán todos os membros da Corporación que, de forma conxunta, lerán un manifesto a prol da erradicación desta lacra social. Contará coas actuacións da Escola Municipal de Música e da Plataforma Feminista de Ames.

En Teo, hoxe ás 12.00 horas no Concello farase a lectura da declaración institucional e unha lectura de poemas. É un acto aberto á cidadanía. Teo tamén participa na campaña En negro contra as violencias.

Cambia o trato. Racha coa violencia de xénero, este é o mandato que o Concello de O Pino lles lanza aos maltratadores nun vídeo que vén de estrear na súa canle de Youtube co gallo da conmemoración do 25-N. A Praza do Concello conta dende onte cun banco morado que avoga polo respecto para previr as agresións machistas.

Pola súa banda, unha ducia de veciños de Brión participou na noite do mércores nunha charla-obradoiro sobre masculinidades positivas impartida por Xosé Cabido. Unha actividade que tivo unha moi boa acollida entre os participantes, como demostra que o obradoiro se alongou media hora sobre as dúas obras previstas.

O Concello de Boiro conmemora o 25-N cunha lectura de poemas que terá lugar ás 13.30 horas diante da casa consistorial, mentres que en Ribeira haberá unha marcha contra a violencia. Debido á importancia da educación na consecución da igualdade, en A Pobra do Caramiñal desenvolven accións dirixidas ao alumnado do instituto, unhas actividades que tamén se levaron a cabo en Porto do Son e Muros. Nesta última localidad haberá este xoves unha concentración silenciosa na porta do concello ás 12.00 horas.

25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.