Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rianxo celebra a Festa da Guadalupe no marco dos 75 anos da ‘Rianxeira’

O ‘chupitaso’ abre este venres os festexos, e o sábado será o pregón de Os Quinquilláns

A localidade de Rianxo inicia este venres as Festas da Guadalupe co chupitaso á medianoite e unha Festa dos Anos 80 a cargo de Bruno Deejay de Play Discotecas Móviles e Xacobo de Mínimo Eventos.

O sábado haberá dianas e alboradas da Banda da Escola de Música de Rianxo, Río de Anxo e Fogo Fatuo. Ás 10.30 terá lugar o Roteiro da Guadalupe. Ás 11.30, concerto de Río de Anxo na rúa de Abaixo e ás 13.00, da banda rianxeira na Praza da Igrexa.

O pregón será ás 14.00 a cargo de Os Quinquilláns, que recreará os 75 anos da Rianxeira. Ese día haberá música tradicional con Fogo Fatuo ás 19.30 na Praza da Igrexa, concerto de corais no auditorio ás 20.00 (cas de Lasalle, Abraira e Rondalla de Cariño), charanga itinerante con Santa Compaña dende as 20.30, verbena sinfónica ás 22.00 ca Banda da Escola de Música de Rianxo; concertos de The Cuncas ás 23.00 horas e de Roi Casal ás 23.30; verbena con Atenas e, ás 02.30, Festa Kyoto FM con Manu GZ.

O domingo 11 comezará cas dianas e alboradas da Banda de Gaitas Buxaina e da Banda de Música Cultural de Teo. A misa na honra da Guadalupe será ó mediodía, con posterior procesión marítima. Ás 18.00 actuará a Banda de Música Cultural de Teo e ás 19.00 haberá unha Mostra de Traxe Galego na Praza da Igrexa e romaría co grupo Fussion, e ás 20.30 música tradicional con Vai de Roda.

Na verbena actuarán Status e Panamá, e haberá fogos artificiais á medianoite.

O luns 12 comezarán ás 11.30 h. os xogos das Guadalupeñas. Ás oito da tarde será o espectáculo de cantos populares Cántalle a Rianxo, na Praza da Igrexa. Na verbena actúan Eureka e Cinema. O martes 13 terán lugar ás 18.30 os actos do Día de Padrón. Pola noite actuarán Furia Joven e Assia. O mércores 14 será o xantar da terceira idade e haberá verbena con Nueva Fuerza e América de Vigo.

O xoves 15 as rúas da vila decoraranse ó estilo das feiras de hai un século co Feirón Mariñeiro e encheranse de postos de artesanía e gastronomía. Ás oito será a Rianxeira Popular na Praza da Igrexa, e ás 21.30 o festival Noite Folk, cos grupos Pan sen Fron, Tres pesos e Fiandola. Na verbena actuarán La Bamba e Gran Parada.

O venres 16 os cativos desfrutarán cun tobogán acuático xigante e inchables na Praza da Virxe de Guadalupe dende as once. As encargadas de animar a verbena serán Fama, Saudade e Charleston Big Band. Haberá unha verbena infantil dende as 23.00 na Praza da Igrexa con A Gramola Gominola e Picadiscos María Faltri. Ás 01.00 h. será a Rianxeira Infantil, na que os cativos entonarán a Rianxeira con variñas luminosas. Ás dúas, os adultos farán o mesmo na Noite de Bengalas.

08 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.