Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira celebrará a feira Viamare Stock ata este domingo 14 no Malecón

A Xunta destaca a calidade do comercio da vila e o seu papel na dinamización económica // Heredia estivo na inauguración

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou este venres no Concello de Ribeira no acto de inauguración da XVII feira de oportunidades Viamare Stock, que se desenvolverá durante esta fin de semana no Malecón ribeirense, organizada polo Centro Comercial Aberto Viamare co apoio da Xunta de Galicia.

Durante a súa visita, o director xeral destacou a calidade e variedade do comercio de Ribeira e a importancia dos establecementos de proximidade na dinamización económica e social das vilas e cidades galegas.

Do mesmo xeito, resaltou o papel que desenvolven no impulso ao sector os centros comerciais abertos e as federacións de comerciantes, cos que a a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación mantén unha liña constante de colaboración. Neste sentido, recentemente pechouse o prazo de presentación de solicitudes dos programas por 2,75 millóns de euros cos que a Xunta respalda o labor destas asociacións.

Na Feira de oportunidades Viamare Stock participan este ano 23 comercios de Ribeira, de moda, moda infantil, calzado, calzado infantil, artículos de deporte, complementos, óptica, vidrieras e decoración. Súmanse así dous máis respecto ao ano pasado. O domingo o horario de apertura será dende as 11.00 horas ata as 22.00 horas de forma ininterrumpida (tamén foi así este venres), pero este sábado amplíase pola mañá e o público poderá acudir xa a partir das dez.

Volve colaborar o centro de día de Agadea, xa que o seus usuarios decorarán o espazo. A Asociación de Empresarios de Ribeira sinala que é posible levar a a cabo esta cita grazas ao apoio que prestan Xunta, Deputación e Concello.

13 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.