Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
MOSTRA. Exhíbense en Artes gravados de Picasso, Seoane, Colmeiro e Vertès // A mesma edición completa vén de adquirila o British Museum de Londres

Ribeira compite con sete museos

O Museo do Gravado de Ribeira, ubicado na pequena aldea de Artes, exhibe dende esta fin de semana e ata o trece de outubro unha colección que, salvo unha pequena parte (A Suite Vollard, de Picasso) só teñen sete museos do mundo. E o último en adquirir a edición completa (como a que ten o centro barbanzán) foi o Museo Británico.

Titúlase Un humanismo moderno e está formada por obras de catro artistas do século vinte: 100 gravados a punta seca, augaforte e augatinta de Pablo Picasso; 8 obras a punta seca, 4 debuxos a tinta e 40 debuxos de Manuel Colmeiro; 49 debuxos de Luís Seoane; e 47 gravados a punta seca de Marcel Vertès.

A edición que ten o museo ribeirense é a número 188 de 300. A mostra foi inaugurada polo vicepresidente da Fundación Museo de Artes, Javier Expósito; o director do museo, Pastor Rodríguez; a edil de Cultura, María Sampedro; e Carlos López Bernárdez, historiador e crítico de arte. Asistiu tamén o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.

Nela reúnense significativos exemplos do traballo gráfico e da ilustración de dúas figuras cimeiras da arte galega: Manuel Colmeiro e Luís Seoane, que no exilio arxentino e nos anos 40 desenvolveron unha estética con resonancias clasicistas.

En diálogo con estes autores exponse a famosa A Suite Vollard de Pablo Picasso, cen gravados feitos en diversas técnicas: buril, punta seca, augatinta ao azucre e augaforte, elaborados entre setembro de 1930 e xuño de 1936, e as ilustracións de Dafnis e Chloé (1954) realizadas polo artista de orixe húngara Vertès, un gravador afincado en Francia que desenvolve unha obra con indubidábeis referencias picassianas.

Esta exposición, que se completará cun catálogo e que será exposta no mes de outubro na Casa das Artes de Vigo, pode visitarse en Ribeira de xeito gratuíto de martes a sábado de 09.00 a 16.00 horas, e tamén os días festivos de 10.00 a 13.00.

16 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.