Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira e O Son apostan pola formación nos eidos da hostalería e da pesca

Doce mozos e mozas capacitaranse en operacións básicas de cociña e pastelería, e oito en confección de artes e aparellos

O sector da hostalería vén alertando dende hai tempo da falta de traballadores debidamente cualificados e dos serios problemas que existen para contratar o persoal necesario. E o mesmo pode dicirse do sector da pesca, que vén advertindo da necesidade de promover o relevo xeracional para garantir o seu futuro.

Pois ben: Ribeira e Porto do Son alíanse en ambas frontes. Un total de vinte alumnos e alumnas participan no obradoiro de emprego Tahúme VIII que promoven conxuntamente os dous concellos. Foi inaugurado este luns e terá unha duración dun ano.

Esta edición será dual, pois centrarase en dúas especialidades: unha de operacións básicas de cociña e pastelería e outra de confección e montaxe de artes e aparellos.

Na inauguración participaron a edil ribeirense de Cultura, María Sampedro, e o edil de Emprego sonense, Manel Deán, quenes destacaron a importancia desta formación para chegar ó mercado laboral coa preparación axeitada.

A especialidade de operacións básicas de cociña e pastelería contará con doce alumnos e impartirase na Escola Municipal de Hostalería de Ribeira, situada no segundo andar do edificio do mercado de abastos. O alumnado elaborará almorzos solidarios, almorzos saudables, menús-degustación, showcookings e eventos gastronómicos. O Concello eleva así a súa aposta pola capacitación profesional no eido da hostalería, tras a celebración doutros dous obradoiros de emprego similares (O Pote I e O Pote II).

Na especialidade de artes e aparellos (que conta con oito alumnos) a formación trasladarase ao viveiro de empresas de O Son. Farán traballos para fondos expositivos, ambientación de feiras, decoración de espazos urbanos, etc.

03 oct 2022 / 19:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.