Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira e O Son incentivan as contratacións do alumnado no taller de emprego con 1.500 €

Deberán formalizarse entre os días 22 de xullo e 12 de agosto // A duración mínima estipúlase en tres meses, a tempo completo

O pasado luns día 27 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado do obradoiro de emprego dual Tahúme VII, que está próximo a finalizar e que promoven os concellos de Ribeira e Porto do Son.

Cando remate o obradoiro, o alumnado adquirirá os certificados de profesionalidade de Operacións auxiliares en conservación e mellora de montes, de nivel un, e de Pintura industrial en construción, de nivel 2, titulacións que se atopan recoñecidas.

As contratacións temporais terán que formalizarse, con carácter xeral, entre os días 22 de xullo e 12 de agosto de 2022. Deberán ter unha duración mínima de tres meses a tempo completo, e o importe do incentivo será de 1.500 euros por cada contratación realizada.

As empresas interesadas deberán presentar a requirida documentación conforme ás bases da citada convocatoria no Concello de Porto do Son a través da sede electrónica, antes do catro de xullo.

Formación en conservación e mellora de montes e máis en pintura industrial

Ribeira. O Obradoiro de Emprego Tahúme VII é un programa mixto de emprego e formación que se iniciou en outubro do ano pasado e que rematará o vindeiro 21 de xullo. Está promovido conxuntamente polos concellos de Porto do Son e Ribeira, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Neste taller, vinte alumnos e alumnas maiores de 18 anos estanse formando nas especialidades de conservación e mellora de montes e pintura industrial en construción.

O obxectivo do período de formación, que é de nove meses, é mellorar a súa empregabilidade e inserción laboral por medio da súa cualificación profesional en base a un programa que combina a formación teórica e a práctica co traballo produtivo. Os alumnos da especialidade de Pintura industrial en construción realizaron, entre outros traballos, a impermeabilización dunha praza da avenida da Coruña e o pintado do aparcamento do polideportivo da Fieiteira, en Ribeira. s. s.

29 jun 2022 / 17:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.