Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira instalará cargadores USB no soportal do Concello

Comezan os traballos para a renovación das infraestruturas de telecomunicacións no consistorio, que durarán case 5 meses

O Concello de Ribeira acaba de poñer en marcha os traballos dirixidos á renovación e actualización das infraestruturas de telecomunicacións na casa consistorial, como resposta a un uso cada vez máis intensivo das novas tecnoloxías da información e a comunicación por parte dos servizos municipais e da sociedade en xeral.

Esta intervención enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, que está cofinanciada nun 80 % polos fondos FEDER dentro do Pograma Operativo Plurirrexional de Europa (POPE) 2014-2020.

A empresa encargada de realizar os traballos é SVI 40 Contratas, Servicios e Ingeniería S.L.U., conforme a un prezo de adxudicación de 86.509,11 euros, IVE incluído.

As actuacións que se levan a cabo consisten, por unha banda, na adecuación do Centro de Procesamento de Datos (CPD) ou Data Center existente, onde se concentran todas as comunicacións, co obxectivo principal de mellorar a robustez, a fiabilidade e a seguridade do mesmo, para conseguir a mellora da calidade dos servizos ofrecidos, a súa xestión, operacións e evolución. Por outra banda, levarase a cabo tamén a reestruturación e renovación do cableado do inmoble, por medio dunha solución de cableado estruturado que partirá do CPD e que permitirá mellorar o ancho de banda e a escalabilidade da rede, así como garantir flexibilidade e facilitar a xestión e o mantemento.

Asimesmo, os traballos postos en marcha inclúen a subministración, instalación e cableado de cargadores USB e inalámbricos para dispositivos móbiles nas columnas exteriores do edificio.

GARANTÍAS. O tipo de contrato é o denominado chave en man, que asegura a correcta instalación e posta en marcha de todo o equipamento fornecido, de tal maneira que a empresa adxudicataria realizará todas as tarefas necesarias para o correcto funcionamento do novo CPD e de todo o cableado estruturado do Concello.

O prazo de execución dos traballos é de catro meses e vinte días, contados dende que se formalizou o contrato, segundo indicaron fontes do executivo ribeirense.

delegribeira@elcorreogallego.es

21 ene 2022 / 14:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.