Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rueda entra con orgullo na lista dos novos Peregrinos de Honra do concello de Padrón

O alcalde entrogoulle a capa e distinción do Berce do Xacobeo e aproveitou para solicitar o recoñecemento oficial da Pedronía

O Concello de Padrón, a través do seu alcalde, Antonio Fernández Angueira, entregoulle este xoves ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o premio Padrón, Berce do Xacobeo, unha distinción que implica o seu nomeamento como Peregrino de Honra e que o acredita como embaixador padronés e do Camiño. O acto, celebrado na igrexa parroquial de Santiago, que encheuse de publico para seguir a misa e o acto, enmárcase na celebración o Día do Peregrino.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu a designación como Peregrino de Honra e salientou a contribución de Padrón ao crecemento do Camiño Portugués. Rueda súmase así a unha lista de distinguidos da que forman parte figuras como Pepe Domingo Castaño, Xesús Palmou ou Nava Castro. Rueda agradeceu o nomeamento e comprometeuse a levar a distinción “con orgullo” tanto no plano institucional como no plano persoal. “A honra é miña”, asegurou.

Pola súa banda, o alcalde de Padrón asegurou que é incuestionable o gran labor de promoción que o actual xefe do Executivo galego realizou na promoción do Xacobeo e de Galicia.

Fernández Angueira aproveitou a ocasión para poñer de relevo a importancia da vila padronesa na tradición xacobea, non só como un dos puntos destacados do Camiño Portugués, senón como berce do Xacobeo ao ser lugar onde desembarcou o corpo do Apóstolo.

E nese senso aproveitou para reivindicar que a Xunta recoñeza oficialmente o Camiño da Pedronía como Camiño Xacobeo. “No noso municipio latexa con forza o corazón do Camiño, insuflándolle vida á nosa tradición máis importante. Por iso desde 2010 honramos a nosa historia coa creación da Pedronía”.

Alfonso Rueda comprometeuse “a traballar un pouco máis por todo o que significa o Xacobeo e a marca Galicia”, e subliñou que o Camiño é “humildade, encontro interior e marca Galicia”, animando a todos a facelo algunha vez.

AS CIFRAS. Finalmente, o mandatario galego volveu agradecer o recoñecemento do Concello de Padrón e valorou positivamente que coincidise cun Xacobeo histórico que está a bater todos os récords, con máis de 190.000 compostelas entregadas no que vai de ano e máis de 52.000 peregrinos no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa.

Neste senso recodou que a Xunta de Galicia investiu desde o ano 2019 máis de 2,3 millóns de euros para a mellora e conservación do Camiño Portugués, aos que se suman 600.000 euros máis destinados a mellorar os dez albergues do itinerario, con capacidade para 500 prazas, segundo explicou.

21 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.