Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rueiros da Vila con música, contos e cultura urbana espallados por Caión

A Romaría dos Milagres de Caión, festa catalogada de interese turístico de Galicia, celebrarase o mércores, 8 de setembro e, con tal motivo o Concello organizará unha ampla programación cultural baixo o título Rueiros da Vila, que incluirá actividades de diferentes temáticas dirixidas a todos os públicos. O programa, que inclúe concertos musicais, espectáculos infantís e familiares, contacontos e unha xornada de cultura urbana, foi presentado polo alcalde, José Manuel López, nun acto celebrado na oficina de turismo de Caión. Rueiros da vila desenvolverase do 8 ao 12 de setembro en tres escenarios diferentes: as Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia), Rueiro das Figueiras (Praza Virxe dos Milagres) e Patio (finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo).

O alcalde considera que esta novidosa programación é “de alta calidade e adaptada ás circunstancia actuais”, polo que agarda teña “unha boa acollida entre a veciñanza e tamén entre os visitantes, axudando a impulsar a actividade económica e a promoción turística nestas datas tan sinaladas para a parroquia de Caión”.

O programa comezará o mércores, día 8, co concerto de Battosai (13.00 horas) e o espectáculo Circo Crunch de Muu! (19.30 h.) nas Salseiras, e a actuación de Matthew Ward (19.30 h.) no Rueiro das Figueiras. O xoves 9, novo concerto a cargo de Superfuzz. (13.00 h., Salseira), contacontos infantil con Charo Pita (18:00 h., Rueiro das Figueiras) e concerto de Músculo! (21:00 h., Salseiras).

A xornada de cultura urbana será o venres, día 10, a partir das 17.00 horas nas Salseiras, e completarse co concerto de María Grois Trío (19.30 h., Rueiro das Figueiras). Para o sábado, día 11, están previstos os concertos de Dani Stoyka (13.00 h., Salseiras) e Ailá (21.00 h., Patio), e a actuación da Asociación Cultural Arume de Caión (19.00 h., Salseiras). O peche aos Rueiros da Vila será o domingo, día 12, cos concertos de Pakolas (13.00 h., Salseiras) e Sheila Patricia (21.00 h., Patio).

Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Youtube e Instagram (@rueirosdavilacaion) nos que se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.

06 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.