Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ruiz e García tratan os plans sanitarios claves para Ribeira

Avaliaron posibles ubicacións viables para o novo dispensario // O Concello adquirirá os terreos

O alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, mantivo na tarde do martes unha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para abordar os próximos proxectos relacionados con dúas infraestruturas sanitarias clave para a veciñanza do municipio barbanzán e a súa contorna, como son o centro de saúde de Ribeira e o Hospital da Barbanza.

Así, en canto ao primeiro dos inmobles, quedou definitivamente descartada a opción de reformar o actual, inclinándose pola construción dun novo dispensario, dadas as necesidades funcionais e tendo en conta tamén que isto permitiría albergar outros servizos aparellados como o de saúde mental.

No transcurso da xuntanza, na que tamén estiveron presentes a xerente da área sanitaria de Santiago-Barbanza, Eloíña Núñez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, avaliáronse posibles ubicacións viables para o futuro ambulatorio, acordando que a administración local adquira os terreos necesarios nalgunha das mesmas para a súa posta a disposición.

Outra das iniciativas que abordaron o conselleiro de Sanidade e Manuel Ruiz foi o plan para ampliar a área de hospitalización do Hospital da Barbanza. O mandatario municipal foi informado de que se prevé iniciar os trámites para o proxecto construtivo no presente ano de tal xeito que este poida quedar rematado no vindeiro ano, o que permitiría que no 2023 estivesen en marcha unhas obras encamiñadas a aumentar nun corenta por cento o número de camas do centro hospitalario comarcal, pasando de 81 a 117.

URXENCIAS. Cómpre recordar que no Hospital da Barbanza renováronse o pasado ano as instalacións do servizo de Urxencias, que contan cun 40 % máis de superficie (1.100 metros cadrados en total). Unha actuación que permitiu atender a un 40 % máis de pacientes de forma simultánea.

Nesta área tamén se distribuíron os novos accesos diferenciados para padiolas e público, sala de espera de familiares e de pacientes, zona de admisión, dúas consultas, e un espazo para padiolas e cadeiras de rodas. A actuación contou cun orzamento de 1,6 millóns de euros.

Unhas melloras ás que pronto se sumarán outras actuacións xa anunciadas.

25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.