Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sabela Losada álzase co premio Reimóndez Portela

A escritora Sabela Losada Cortizas é a gañadora da XXVII edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela. O fallo deuse a coñcer este mércores polo Concello da Estrada, e o xurado do premio estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Juan Manuel Constenla, e o integraron, ademáis, Victoria Reimóndez Sanmartín; Mª Del Carmen Vieitez Conde; Enrique Otero Fernández; e Juan Andrés Fernández Castro, exercendo de secretario José Manuel Bouzas Blanco.

O xurado cualificador agradeceu a participación e destaca a variedade e calidade dos traballos presentados a concurso. Concorreron a esta edición un total de quince artigos, pertencentes a un total de sete autores/as.

O premio desta edición recaeu en Sabela Losada Cortizas, por un artigo titulado Qué nos sorprende da tristura da mocidade? que foi publicado no xornal Praza 10. No fallo destacan “a preocupación da autora pola problemática da adolescencia, un dos períodos máis críticos da evolución da persoa. A autora que se implica persoal e emocionalmente, cóntanos a súa experiencia ao tempo que propón solucións e demanda especial atención para este sector da sociedade, que se se sente desamparado por ela”.

O acto de entrega do premio terá lugar este venres, 16 de setembro, ás 19.00 horas, na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.

Nada en Compostela, Sabela Losada é experta en xénero, cooperación para o desenvolvemento e xestión cultural. Aos vinte anos marchou a Latinoamérica onde ten traballado para a cooperación galega, Cdeal e a Aedic, ademais de colaborar con organizacións de mulleres e os Festivais de Cine de Dereitos Humanos e de Cine Ambiental de Arxentina.

Nai de dous fillos, é a creadora de DaLúalibros onde ten publicado varias obras para crianzas, e tamén foi premiada no Certame Internacional Encarna León polo seu relato sobre a relación entre Rosalía de Castro e María Cardarelly, autora das súas primeiras fotografías. Foi parte de Mulheres Livres e outros colectivos, e ten escrito sobre rebelións populares en Sudamérica, identidade e autocoñecemento feminista, maternidade, crianza e educación libres.

Con a súa obra Vermella gañou o primeiro Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade.

15 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.