Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sachos para o recreo: así coidan os Vidacultores os xardíns do IES de Rianxo

Unha brigada de alumnos construíron bancos e sementeiras, e encárganse de limpar, plantar e manter a zona verde do centro

Cando a chicharra do IES Félix Muriel de Rianxo toca a recreo, un grupo de alumnos collen sachos e pas. Son os integrantes das brigadas de Vidacultores e encárganse do equipamento e o mantemento das zonas verdes do centro.

Desde que se puxeron en marcha, o recinto escolar está a experimentar novas e moi importantes transformacións. En pouco tempo son quen de deixar unha pegada que todos os seus compañeiros agradecen. Yolanda e Pablo coordinan estas brigadas que xa crearon o Xardín de Olores e Cores e instalaron varios bancos que eles mesmos fabricaron e que lles permiten gozar dun xeito novo dos espazos verdes que se foron traballando por toda a comunidade educativa.

O grupo de Vidacultores de 1ºA da ESO esmerouse nos labores de transferir ao xardín de aromáticas as plantiñas que hai unhas semanas eran sementes e que foron xermolando na súa aula. Tamén limparon a terra coa que se ampliará o xardín, eliminaron as silvas e regaron.

Hai uns días remataron a primeira fase de construción da InstalaciónVerde, as sementeiras, as zonas de asento, o xardín de aromáticas e o sistema de rego.

Estas brigadas de alumnos e alumnas aproveitan calquera recuncho de tempo para facer das súas: abrir zanxas, manexar a picocha, triturar paus, colocar pedras, pequenos movementos de terras...

O alumnado de 2ºC da ESO quixo contribuír tamén ao proxecto e, neste caso, traballou no trasplantado de carballos ás zonas de asento.

Dese modo, realízase un paso máis no ciclo de tarefas que se perseguían para o presente curso. Igualmente, na construción da Instalación Verde implicáronse alumnos de 3ºB da ESO e de Tecnoloxía de 1º de Bacharelato.

REFLEXIÓN NO MONTE. Por outra banda, un grupo de estudantes do instituto rianxeiro puxeron en marcha unha iniciativa denominada Caleidoscopio. Trátase dunha actividade interdisciplinar conducida pola asociación Avoar coa que se invita ós alumnos a poñer atención no seu propio entorno natural para pensar como inspirarse nel. Con esta proposta preténdese fomentar a reflexión baixo o prisma da sustentabilidade e andamiar as capacidades creativas e proactivas na acción co entorno. Intégranse, pois, pensamento, creatividade e socialización.

Posteriormente, a experiencia trasladouse á aula, e os grupos reflexionaron e prepararon propostas creativas coas que, na última sesión, realizaron unha intervención que pon de manifesto a paisaxe como construción que fixeron súa.

delegribeira@elcorreogallego.es

27 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.