Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santa Comba prevé aforrar ata un 65 % co cambio de luminarias

O Concello renovará o alumeado cunha axuda amparada no Feder para adaptalo á normativa

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) –organismo público adscrito ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico– convocou subvencións dirixidas a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo Feder de crecemento sostible.

Neste contexto, o Concello de Santa Comba pensou na renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior e solicitou unha destas axudas para modernizar as instalacións de alumeado público.

O proxecto contempla a substitución de 2.603 luminarias e lámpadas e a actuación en 155 de 177 cadros de mando existentes para adaptación a normativa vixente co obxectivo de conseguir un aforro notable na factura do consumo eléctrico.

Os números sobre os resultados enerxéticos da actuación proposta polo Concello de Santa Comba non poden ser máis claros. O consumo anual da instalación que se pretende cambiar nestes momentos é de 1.096.303 kilowatios ó ano e coa instalación prevista sería de só 380.826 Kw ó ano, o que supón un aforro dun 65,26 %.

O investimento necesario para acometer este proxecto é de cerca de 1,2 millóns de euros. O IDAE financia o 80 % do importe total polo que a axuda solicitada e xa concedida é de 954.369,79 euros, tendo que aportar o Concello de Santa Comba os 238.592,44 euros restantes.

O Concello xalleiro pode acometer este proxecto grazas a que na súa caixa hai cartos, xa que ten que pagar o total e despois o IDAE lle remitirá a contía da a axuda que xa ten concedida.

Con este cambio de luminarias, Santa Comba xa terá renovado o cen por cen da súa iluminación pública con lámpadas máis modernas e, o que é máis importante polos tempos que corren, de menos consumo.

11 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.