Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Santa Comba retomará a parcelaria de Freixeiro, paralizada desde os 70

A alcaldesa xalleira, María Pose, ultimou con Gonzalo Trenor os detalles dunha concentración que beneficia á veciñanza e ás explotacións gandeiras do concello

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, desplazouse á cidade da Coruña para poñer fin ás negociacións co delegado da Xunta de Galicia na provincia, Gonzalo Trenor, nas que se analizou a proposta da reestruturación parcelaria de Freixeiro. A proposta se levou este mesmo mércores, 27 de xullo, ao Comité Técnico Asesor, que preside o propio delegado autonómico, e no que, ademais, participan todos os órganos que puideran ter algunha alegación á realización da reestruturación agraria que se propón para o concello xalleiro.

María Pose afirmou estar satisfeita co logro acadado porque supón retomar unha concentración paralizada desde a década dos anos 70 do século pasado pero que hoxe é moi necesaria na parroquia de Freixeiro tanto para os veciños como para ofrecer os servizos que demandan unhas explotacións agrarias modernas e con futuro xa que incorporaron xente nova, un relevo xeneracional moi importante na zona.

A alcaldesa xalleira, que amosase sempre disposta a atender as demandas das empresas locais, como demostra o feito de que está a negociar agora mesmo a ampliación do polígono industrial, sabe que a gandería é un dos sectores máis importantes do concello e precisa de todo tipo de impulsos para ser competitivo polo que considera que esta parcelaria é un avance máis na busca de garantir o futuro das explotacións gandeiras que se beneficiarán desta parcelaria.

MINIFUNDISMO. Pola súa banda, Gonzalo Trenor destacou que esta nova zona de concentración parcelaria, que se propón para o concello de Santa Comba, levarase a cabo en Freixeiro, sobre unha superficie total de 1.677 hectáreas, e que afectará a 10.250 parcelas e a 706 propietarios.

Neste senso, o delegado territorial da Xunta de Galicia sinalou que “a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, polo que son unha ferramenta fundamental na reorganización do territorio”, puntualizou.

Ademais, o representante do Goberno galego indicou que se seguirán impulsando este tipo de procesos á vez que se aposta por outros instrumentos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras.

Deste xeito recordou que, tal e como recolle a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, fomentaranse os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, as aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras prioridades recollidas na normativa.

28 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.