Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 07 diciembre 2022
23:54
h
Despois de ser adiado polo mal tempo, vai chegar este domingo 18 ata o Campo da Feira // Haberá demostración de esgrima e pistas multideportivas con canchas para baloncesto 3x3 ou de fútbol // Instalarán un rocódromo e un chutómetro TEXTO M. Boo

Santa Comba vivirá un domingo moi festivo con deporte na rúa

O Concello de Santa Comba tiña previsto celebrar unha gran festa para que os rapaces despediran o verano desfrutando de divertidas actividades, pero finalmente a actividade tivo que ser adiada por dúas veces a causa das prediccións meteorolóxicas que apuntaban a un mal tempo que poñía en perigo o normal desenvolvemento das actividades programadas na xornada.

Pese a todos os atrancos, esta xornada festiva vaise celebrar. Finalmente, o escenario será o Campo da Feira, no centro da localidade, que de seguro que se vai encher de risotadas e de berros infantís o domingo, día 18 de setembro, con unha xornada adicada ó deporte e ó entretemento.

Chega esta data despois de dous meses cargados de movemento nos campamentos tecnolóxicos municipais que se organizaron tanto para diversión dos rapaces como para conciliar a vida laboral e familiar. Foron días cargados de vida con unha ruta literaria seguindo a pegada do poeta e xornalista local Pepe de Xan Baña, do que se cumplen 150 anos do seu nacemento, xogos na piscina, visita á fervenza de Castriz e ó aeroclub Cambre, participación na radio municipal, clases de educación vial ou de taekwondo e moito máis, como a excursión á localidade pontevedresa do Grove con paseo en catamarán e baño na praia. E para rematar.... chega esta nova festa.

Os rapaces que se inscriban para esta xornada lúdica, ben na oficina municipal de Deportes ou o mesmo día no Campo da Feira, estarán acompañados por monitores para practicar varias modalidades en equipo xa que se van desplegar unhas pistas multideportivas con canchas para xogar ó baloncesto na modalidade de 3x3 ou ó fútbol. Pero a variedade vai ser grande para que ningún rapaz quede sen divertirse. E xa a xeito individual, haberá un chutómetro para que os máis habilidosos co balón poidan demostrar a súa calidade futbolística e potencia de tiro.

ABANO. Os mozos xalleiros contarán tamén cun amplo abano de posibilidades, e poderán acudir a un obradoiro de esgrima no que membros do clube Compostela Esgrima ensinarán o equipamento necesario para competir nesta atractiva modalidade, e farán unha pequena exhibición do seu deporte.

E para quenes non sexan moi partidarios da práctica deportiva pero estén dispostos a divertirse, o Concello de Santa Comba ten programados unha serie de xogos de auga con dous tobogáns con piscina que é de supoñer que estarán moi solicitados ese día. A maiores, no Campo da Feira vaise instalar un rocódromo con tirolina para quenes desexen desafiar a gravidade, e tamén haberá un monolito para os que non teñan medo ás alturas.

E como colofón a esta xornada festeira dedicada ós rapaces do Concello de Santa Comba, terá lugar unha festa da espuma que sempre é do agrado dos máis novos que desbordan toda a súa ilusión con este tipo de actividades lúdicas.

O que se pretende coa organización desta serie de actividades lúdico festivas é que os alumnos xalleiros reciban o novo curso escolar dun xeito divertido e agradable, nunha xornada de convivencia que durante a mañá e a tarde manterá entretidos a todos os rapaces e axudará a que interactúen cos seus compañeiros de escola e con outros nenos deste muncipio.

14 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.