Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras de parques, estradas e servizos en seis concellos da Costa da Morte

Acolléronse ás axudas autonómicas Cabana, Coristanco, Muxía, Dumbría, Malpica e Vimianzo // Investiron máis de 203.000 €

Seis concellos da Costa da Morte víronse beneficiados en 2022 das axudas da Xunta para a creación e mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O investimento total ascendeu a 203.879,54 euros e a aportación autonómica acadou os 142.715,67 euros.

Así o confirmou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante a súa visita a Coristanco, onde, na compaña do alcalde, Juan Carlos García, supervisou as melloras realizadas neste municipio. Executáronse as obras de subministración de trial de aventura para a área recreativa da Rocheira e renováronse os xogos do parque infantil de Santa Marta-Traba. En total investíronse 48.353 €, e a Xunta aportou 38.847 €.

Os outros concellos beneficiarios foron os de Dumbría e Vimianzo, co acondicionamento do viario entre Regolle e Manlle (62.500 €); Muxía, que acometeu melloras de equipamentos municipais (14.413 €); Malpica de Bergantiños, que empregou a axuda para dotar de mobiliario e equipamento ó centro de día municipal (30.220 €); e Cabana de Bergantiños, que reparou e mellorou o parque infantil de Lodeiro (48.392 €).

Trenor anunciou ademais que o pasado xoves 19 de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria correspondente a 2023, que mantén o orzamento de 3,5 millóns no marco do compromiso do Goberno galego coas administracións locais.

Segundo explicou, a través desta liña de axudas a Xunta colabora cos concellos nas obras relacionadas coas redes de luz pública, a pavimentación de camiños e os parques infantís, así como as executadas nos edificios ou dependencias municipais.

Neste último caso, inclúese tamén como gastos subvencionables a adquisición de equipamento, como mobiliario e material informático ou audiovisual. O financiamento pode chegar a cubrir ata o 80 % do orzamento do proxecto.

O delegado autonómico subliñou que esta liña de axudas pon de manifesto “o compromiso da Xunta coas administracións locais como entidades máis próximas á cidadanía. Trátase así de garantir o equilibrio no territorio entre o medio rural e urbano".

nova convocatoria
Ata o vinte de febreiro

··· Esta liña de axudas vai dirixida aos concellos que teñan menos de 30.000 habitantes de acordo coas cifras oficiais do padrón e poderán optar a ela de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións.

··· Cada concello pode presentar ata dúas solicitudes, sempre que unha sexa de xeito individual e outra conxunta e para actuacións diferentes. Deberán corresponderse cun único proxecto, que pode abranguer varias actuacións. A partir da publicación da orde, os potenciais beneficiarios disporán dun mes, ata o día 20 de febreiro, para enviar as solicitudes, segundo informou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, en Coristanco.

25 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.