Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 25 enero 2023
06:05
h

Seis premiados como os Galetiktokers de máis nivel polo xurado e os amesáns

A Maía. A casa da cultura do Milladoiro acolleu a gala dos craks das novas redes sociais: o III Certame Galetiktokers, que estimula a creatividade en galego entre a mocidade, con seis vídeos premiados e presentada pola cantante Pauliña, que tamén interpretou algún tema, Sara Seco e Noelia Francisco.

Na categoría de 13 a 16 anos foi galardoada polo público Os galegueños, de Magín Rodríguez, Lola López, Eirín Rey e Sofía Álvarez. O xurado, pola súa banda, premiou os vídeos Pequena historia con títulos de libros para combater o machismo, de Elena Varela, e Galicia somos nós, de Karol Muñoz. E xa na sección de maiores de 17 anos o público elixiu Muinheira de Chantada-Verto, de Xurxo Varela e Nerea Lobelle, ao tempo que o xurado optou por Sabías que unha artista se revelou contra a súa discográfica para publicar un disco en galego?, de Rodrigo Míguez, e a Jasolina-As tóxicas da ría, de Sergio Martínez e Cristina Padín. M.M.

07 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.