Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
OCIO ESTIVAL. Música, circo, maxia e teatro centran o variado programa do que se pode desfrutar ata setembro en catorce concellos de Barbanza, Costa da Morte, Noia-Muros e Bergantiños // En O Son ofrécense nove actuacións TEXTO Suso Souto

Sesenta e oito citas coa Cultura no Camiño no litoral da comarca

As comarcas da Costa da Morte, Bergantiños, Barbanza e Noia-Muros acollen ao longo deste verán sesenta e oito espectáculos escénicos enmarcados no programa Cultura no Camiño, promovido pola Xunta en colaboración cos concellos. Nesta edición, o circuíto bate o seu récord de participación, con 164 entidades locais adheridas.

O programa na comarca de Bergantiños arrincou o 16 de xullo en Cabana ca música de Oîma Grupo. Este concello prevé sete actuacións que, agás esta primeira, serán en setembro, co novo circo de as Sircópatas, a música do Trío Detrés, de Tarará Trío e de Xoan Curiel, e o teatro de Pedro Brandariz e de Caramuxo Teatro.

Carballo acolleu en xullo a maxia do Mago Antón. Nesta segunda quincena de agosto ofrecerá o concerto de Pepe Vaamonde Grupo, ademais de teatro coa Tropa de Trapo. O cartel pecharase alí en setembro co teatro de Caxoto. Pola súa banda, A Laracha ofrece en agosto a música de Susana Seivane e o novo circo de SU.MA. En setembro completa as tres sesións previstas co novo circo de Muu.

As cinco propostas previstas en Corcubión arrincaron en xullo co Mago Xacobe e o espectáculo de rúa Seres Fantásticos. A finais de agosto chegará o novo circo da man de Peter Punk Pallaso e en setembro, a música con Carapaus e Charanga Bicoia. Cee suma tres actuacións para este mes: o Mago Brandán, o espectáculo de rúa Seres fantásticos e a Gran gala de circo, maxia e humor. Fisterra xunta as súas propostas en setembro ca música de Uxía e de DeVacas e o teatro de Píscore.

As seis funcións programadas en Zas comezaron en xullo co novo circo de Desastronauts, a maxia de Dani García, o teatro de Troula Animación e a música de Cé Orquestra Pantasma. Este mes volve a maxia con Abarajar Producciones e en setembro, o circo de Teatro ao Cubo.

A programación en Barbanza arrincou o 16 de xullo en Ribeira co Mago Antón. Alí haberá ao longo do verán outros cinco espectáculos de música, coa Banda do Verán e The Teta´s Van, e de teatro con Mircromina, Caxoto e Inventi Teatro. Boiro comeza a súa carteleira en agosto co teatro de Xarope Tulú, ao que lle seguen o concerto de Fanfarria Brassica Rapa, o teatro de Iseo A Moura e a música de Cé Orquestra Pantasma. En setembro ofrecerá novo circo con N+1 Teatro Circo Danza e a maxia do Mago Antón.

A Pobra, que xa ofreceu a música de Latexo Percusión, acolle neste mes teatro, con Fantoches Baj, e novo circo, con Troula Animación. Pecha o seu programa en setembro De Vacas.

Noia xa ofreceu en xullo concertos de Odaiko e Setestrelo e o novo circo de Circotour. En O Son houbo tres funcións das nove previstas en xullo e, tras as cinco de agosto, pechará a súa programación en setembro. Neste concello, o que máis funcións ofreceu na contorna no marco deste circuíto cultural, o público puido gozar de teatro con Pedro Brandariz, Fantoches Baj e Ghazafelhos, así como do novo circo de Teatro ao Cubo e de Troula Animación. Kote Malabar, o Desconcerto de Félix Rodríguez e Fran Rei, e o Superheroe de Fran Rei completan o cartel.

En Outes houbo en xullo música con Acordeireta, en agosto con Momboi e Tarará Trío, e en setembro haberaa da man de Mallou. Nese mes chegará tamén o novo circo a esa localidade da man de Pistacatro Produtora de Soños e o seu espectáculo OhOlimpiadas!

Carnota concentra a súa programación en agosto, co monologuista David Perdomo, o teatro de A teta dos contos e de Antón Coucheiro, e o circo de Peter Punk Pallaso.

O calendario pode consultarse na web da Consellería de Cultura.

20 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.