Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sesenta filmes e conciencia ecolóxica para encher Cinema Miúdo do 24 ó 27

O festival amosará nas dúas casas da cultura as mellores creacións da sétima arte para a rapazada // Vai incluír animación, un obradoiro, actuacións e videoclips

Albíscase xa a chegada do festival internacional infantil Cinema Miúdo ata a capital maiá, nunha quinta edición que o Concello desenvolverá entre o 24 e 27 deste mes baixo a xestión da produtora galega Abella, con más de 60 filmes e a conciencia medioambiental como eixe.

Durante a presentación desvelouse o programa desta quinta edición, que se celebrará nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O acceso será gratuíto para todas as proxeccións e actividades, sendo preciso reservar entrada na billeteira do Concello de Ames. Así, e ademais dos seus seis bloques de curtametraxes a concurso, os asistentes poderán desfrutar dunha longametraxe, unha sesión de videoclips, actuacións, animación e un obradoiro. A produtora galega homenaxeada será Abano Producións e o festival convidado, o luso Cinanima Junior.

A sesión inaugural terá lugar o venres 25 ás 17.00 horas no auditorio de Bertamiráns e contará coa proxección do bloque Axóuxeres 1 e a actuación de Barafunda, que ofrecerá un espectáculo de clown no que os globos terán gran protagonismo. A mesma compañía confeccionará uns adornos xigantes con globos que decorarán as casas da cultura durante o certame.

En canto á sesión de clausura, celebrarase o domingo, 27 ás 18.30 h. na casa da cultura do Milladoiro e estará presentada por Peter Punk, quen irá desvelando as curtametraxes gañadoras e intercalando as proxeccións con números cómicos e musicais.

OFICIAL. A sección oficial ven conformada por 37 curtametraxes seleccionadas entre as máis de mil recibidas polo equipo de programación, e estarán divididas en bloques, atendendo tanto á temática dos filmes como a súa idade recomendada: Axóuxeres, para nenos e nenas de 2 a 7 anos, e Buxainas, dende os 7 anos de idade.

Na presentación, que contou con alumnos de 6º de Infantil de Agro do Muíño, estiveron, ademais do director e programador do festival, Juan de Castro, a concelleira de Cultura, Natividade González; o deputado provincial Xosé Luis Penas; e a técnica de Cultura, María Vázquez, así coma os edís David Santomil e Escarlata Pampín.

Os 37 filmes que forman a sección oficial optan a dous premios do público e dous do xurado (un por cada categoría, de xeito respectivo).

10 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.