Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sete centros educativos de Costa da Morte atópanse en fase de modernización

No CEIP da Laracha renovaronse as fiestras e o illamento das fachadas // Educación executou tamén quince pequenas obras

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López; o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, Indalecio Cabana, e os concelleiros José Ramón Martínez e Patricia Bello, visitou o CEIP de Alfredo Brañas, de Paiosaco, para poñer en valor o investimento realizado neste centro no que se levaron a cabo obras por un valor de case 220.000 euros para substituir as fiestras e mellorar o sistema de illamento térmico exterior, ademais doutras actuacións menores.

Con esta actuación mellorouse a eficiencia enerxética do edificio e a confortabilidade do centro para todos os usuarios. O delegado tamén se desprazou ata o CEIP Otero Pedraio, da Laracha, para supervisar as obras do peche perimetral que se están executando nunha parcela anexa ao centro educativo para habilitar unha zona de aparcamento para autobuses e coches particulares e un espazo de zona verde para complementar os servizos que se ofrecen para alumnos, equipo docente e familias neste colexio.

O representante do Goberno galego lembrou que, no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, a Xunta ten comprometidos 2,8 millóns de euros en grandes obras en 7 centros educativos desta área nos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe e Ponteceso. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano, e teñen como obxectivo a modernización dos centros cun novo modelo de escolas poscovid.

Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico, cambios de cubertas e de fiestras, renovación de luminarias, etc).

No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 15 centros educativos de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. Estas actuacións consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.

Así mesmo, o Goberno galego vai a confinanciar a construción dunha pista multideporte na escola unitaria de Pereiriña, no municipio de Cee por una importe de máis de 63.000 euros.

RUTA PIONEIRA. Gonzalo Trenor lembrou que Galicia conta desde o ano 2021 cun Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que ten como fin adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, o cal está dotado cun investimento de 191 M€ para esta lexislatura.

Trátase dunha “iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe”, concluíu o delegado da Xunta.

08 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.