Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
ALTERNATIVAS DE OCIO. Mancuco Animación organiza no Porto do Son un campamento de pernocta para que os máis pequenon pasen unhas divertidas xornadas// Xogos, contacto coa naturaleza, paseos, excursións praias, e moito compañeirismo para que deixen de costas as novas tecnoloxías TEXTO M.López

Socorro... que fago cos rapaces?

“Abúrrome”, “abúrrom”’. Cantas veces ao día podes escoitar esta frase dos teus fillos? Poida que os días de diario co colexio e as extraescolares non a pronuncien moito, pero que me dis das fins de semana ou cando estades de vacacións? Non che dá este detalle de por que os nenos abúrrense e quéixanse tanto?

A maioría dos expertos indícannos que os nenos de hoxe non se aburren máis que os nenos de antes, o único que cambiou son os xogos que se utilizan agora. Os pequenos da sociedade actual están sobreestimulados con toda a tecnoloxía e isto afecta á súa creatividade e fai que non posúan recursos para saír dese aburrimento.

Neste sentido o avance da tecnoloxía e o feito de que os pequenos dispoñan de aparellos e xoguetes cada vez máis complexos prívalles de desenvolver todo o seu potencial e imaxinación, xa que estas novas experiencias danllo todo feito e non lles impulsan a crear por eles mesmos.

Hai alternativas? Este verán observamos un incremento significativo na demanda de servizos de conciliación por parte das familias. Obviamente a situación de excepcionalidade provocada pola pandemia axudou e moito, a este incremento da demanda suscitado pola necesidade de relacionarse e de facer todo aquilo que se nos negou neste tempo.

Hai sete anos naceu Mancuco Animación como resposta a esa mesma necesidade de dinamización do tempo de lecer nos diferentes ámbitos da sociedade e que se fai aínda máis imprescindible nestes tempos, se cabe. Somos dúas persoas con ampla formación e traxectorias dentro ámbito da animación sociocultural, deportiva e do tempo de lecer, que unimos as nosas experiencias e recursos a favor da creación de diferentes proxectos: conciliación familiar, animación artística, animación deportiva, natureza e aire libre, promoción e dinamización da lingua galega, campamentos de verán... outros.

Entendemos os noso proxectos como unha ferramenta formativa e educativa cos que chegar os diferentes colectivos sociais cos que traballamos: nenos/as, mozos/as, adultos/as, persoas maiores, persoas con necesidades específicas, persoas en risco de exclusión social e outros.

Neste senso, toma especial relevancia o persoal co que contamos. A enerxía, experiencia, formación, paixón e cariño que poñen en cada proxecto, deixan unha pegada inesquecible nestes colectivos e permítenos afrontar os diversos proxectos con total garantías. Este é un dos elementos diferenciais da nosa proposta empresarial, xunto coa programación específica que se fai con cada proxecto. Implementamos personaxes únicos que funcionan como eixo vertebrador, guiándonos na aprendizaxe dos contidos establecidos e no descubrimento do patrimonio cultural, natural e histórico propios do lugar.

Multiplicamos os nosos esforzos para dinamizar arredor de 1.000 persoas nos diferentes servizos que estamos a prestar ou prestaremos ao longo deste período estival con diferentes administracións: conciliación e campamentos de pernocta para o Concello de Brión, andainas teatralizadas con xogos de pistas e seres máxicos no Concello de Santiago, conciliación con temática medieval en Padrón, etc.

Igualmente, para dar resposta a alta demanda de actividades de ocio e tempo de lecer para os máis cativos, organizaremos un campamento de pernocta específico de Mancuco Animación no concello de Porto do Son dende o 28 de Xullo o 4 de Agosto. Así que xa sabes, se tes entre 8 e 17 anos e tes gañas de pasalo ben e vivir unha experiencia única, non o dúbides... agardámoste! Podes consultar a información referida na páxina web www.mancucoanimacion.com ou contactar no correo electrónico mancucoanimacion@gmail.com.to.

Tres son os pilares básicos cos que se desenrolan estas actividades. Por un lado os xogos entendidos como ferramenta base para o aprendizaxe polo que os rapaces traballaran educación pola acción ou aprender facendo a través do xogo, como elemento de entretemento activo.Por outro está a formación xa que os contidos formativos están latentes en todas as nosas actividades directa ou indirectamente e, por suposto, unha educación en valores que é o eixo vertrebador da socialización nas actividades. Traballaremos en áreas como educación para a igualdade, para a saúde, mediambiental ... Un bo plan.

27 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.