Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sol María Pose, a bióloga porteña que investiga as neuronas en Alemaña

Camariñas. O Concello publicou a novena entrega do programa Eu Son Camariñas que lle dá voz a Sol María Pose Méndez, unha porteña que traballa como científica na Universidade Técnica de Braunschweig de Alemaña. Alí investiga sobre as neuronas e a posibilidade de conseguir que estas se rexeneren, algo que a día de hoxe é imposible nos humanos, pero si o é noutros animais, como os peixes.

Estudou Bioloxía na USC e realizou un Mestrado no campus compostelán. Foi entón cando comezou a súa investigación en torno as neuronas e esa capacidade de rexeneración que posúen os peixes. O longo deste capítulo de Eu Son Camariñas explica a importancia das neuronas e o seu funcionamento, como se estuda, que se sabe desa habilidade de rexeneración e que beneficios podería ter nun futuro para os seres humanos. Ademais, mentres visita lugares emblemáticos da vila porteña como é O Posiño, Sol Pose narra o seu camiño até chegar a Alemaña.

Os interesados en coñecer máis polo miúdo o seu labor investigador poden ver o vídeo completo da entrevista realizada polo esritor camariñano Víctor Fernández Alves en https://eusoncamarinas.es/entrevistas-esc/sol-maria-pose-mendez- cientifica-da-ponte-do-porto/. M. l.

10 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.