Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Un certame de pesca submarina reuniu a socios de clubes da zona que abarca de Fisterra a Ribadeo // Doaron os setenta quilos de peixe capturados na xornada

Solidariedade e deportividade en Malpica a favor de Cáritas

O Concello de Malpica colaborou ca xornada clasificatoria do quinto Campionato Zona Norte de Pesca Submarina celebrado este domingo na localidade. Unha actividade que contou ca colaboración da confraría, de Protección Civil e da firma Buceo Malpica e que se desenvolveu cun gran éxito de participación.

Todos os peixes capturados (uns 70 quilos de maragotas, muxos, lubinas e pintos) foron doados a Cáritas Interparroquial de Bergantiños, polo que o deporte e a solidariedade aliáronse á perfección nesta actividade. Nesta xornada participaron deportistas federados de todos os clubes pertencentes á zona que abarca de Fisterra a Ribadeo, e clasificáronse os catorce concursantes que mellor puntuación obtiveron.

O porto base foi o de Malpica, dende onde saíron todas as embarcacións cos respectivos pescadores e lancheiros. A xornada tivo lugar entre Punta Muxeiros, en Malpica, e Punta de Chan de Razo, en Razo.

Os tres primeiros clasificados foron: Adrián del Río García, do Club de Remo San Felipe; Antonio Ramón Lata Lafuente, do Club do Mar Ferrol; e Luis Miguel Pan Tajes, do Club del Mar de San Amaro. O alcalde, Eduardo J. Parga; o patrón maior, Pedro Pérez; e Protección Civil recibiron cadansúa placa en agradecemento pola colaboración. Tamén asistiu o extenente de alcalde Miguel Fernández.

11 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.