Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sólido apoio social a Amicos para protexer o Arco Atlántico

No proxecto Re-Mar fixéronse este ano 34 limpezas en praias // O colectivo sumou implicacións para actuar en 29 concellos

A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos celebrou este martes no centro social de Cabo de Cruz (Boiro) a clausura da terceira edición de Re-Mar, un proxecto colaborativo que fomenta a concienciación para conservar oito espazos protexidos de vinte e nove concellos do Arco Atlántico Galego ca colaboración da Fundación Biodiversidade e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

O acto estivo presidido pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, quen se mostrou entusiasmada co proxecto e sinalou que “o mar non asume todo o lixo que tiramos nel; iniciativas como esta son moi importantes para o coidado dos nosos mares”.

Javier Remiro, coordinador da Fundación Biodiversidade, interviu por videoconferencia para anunciar novas axudas e animar a Amicos a seguir impulsando proxectos.

Manuel Prado, Adriana Miguens e Alfonso Pérez (axentes medioambientais de Amicos) foron os encargados de lembrar as 34 accións de limpeza nas que se retirou máis dunha tonelada de basura mariña, e as actividades de formación a 300 persoas levadas a cabo en colaboración con confrarías, colexios, administracións públicas con competencias en materia de conservación do medio ambiente e do patrimonio marítimo e empresas recreativas.

David Nova, director do CEIP de Artes, recalcou a importancia de educar en sustentabilidade e inclusión; Paula Barreiro, bióloga da confraría da Pastoriza, compartiu as súas experiencias en relación ca contaminación dos océanos; e Alexander Sebastián, da empresa Grip Surf School, relatou o impacto do lixo mariño nos mares e océanos como motor turístico.

Tamén asistiron José Antonio Fernández, director do Parque das Illas Atlánticas; os alcaldes de Boiro e A Pobra; os patróns maiores de Vilanova, A Illa, Vilagarcía, O Son, Portosín, Aguiño, A Pobra e Rianxo, e mariscadores, bateeiros, directivos de clubes náuticos, mestres e directivos de diversas empresas.

colaboracións
Distintivo Buque Azul pola xestión do lixo

··· No acto celebrado en Cabo de Cruz, que contou ca participación do director xeral de Amicos, Xoan España, entregáronse os recoñecementos Buque Azul do programa Re-Mar III (pola xestión de residuos en embarcacións) ás confrarías e ós donos das embarcacións que participaron na iniciativa. O ámbito xeográfico de actuación deste programa abarca o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, os ríos Ulla e Lérez e as rías de Arousa, Pontevedra e Muros-Noia.

27 sep 2022 / 20:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.