Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O teatro Principal de A Estrada acolleu a entrega dos premios de normalización lingüística que promove O Brado con apoio da Xunta e do Concello // Este ano recaeron no trío de cantareiras, dúas empresas en unha excatedrática TEXTO S. E.

Tanxugueiras, Ausama-Ausavil e Brea recolleron os San Martiño

Con cheo ata a bandeira no Teatro Principal, A Estrada acolleu este xoves, as 20.30 horas, o acto de entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística que este ano alcanzan a súa trixésimo primeira edición. Foi nun acto público e aberto que contou coa actuación de The Mayaners. Ademais dos galardoados e dunha amplia represenación de representantes de vida cultural e social da Estrada e comarca, presidiron o acto o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde, José López Campos.

Os Premios San Martiño, que promove a Asociación Cultural El Brado co apoio do Concello e da Xunta de Galicia, recoñecen o compromiso coa lingua galega en tres modalidades. o o secretario xeral sobre o colectivo. Os galardoados nesta edición foron Mercedes Brea, Premio a Toda unha vida; as empresas Ausama-Ausavil, Premio A Estrada-Terra de Montes, e o grupo Tanxugueias, que levouse o Premio Galicia Enteira.

Así, na categoría de ámbito de Galicia os San Martiño premiaron a Tanxugueiras, o grupo musical integrado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro. Desde o padroado destacan que son tres cantareiras para unha nova década, capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis cercanos ao trap ou á electrónica. Inciden tamén que a súa enerxía, o seu apoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos exponentes do seu innovador estilo, coñecido como trad. O trío recolle o legado das pandeireteiras, resaltan, das mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e ofrecerllo, de novas, ao mundo nunha explosión de modernidade, e cunha forza ancestral que as está a facer triunfar a nivel nacional e internacional. “O fenómeno Tanxugueiras conseguiu vertebrar, por outra banda, entre a mocidade galega unha corrente de predisposición en favor do uso do noso idioma, demostrando que a nosa lingua pode chegar a calquera ratio de poboación e a calquera lugar do mundo”, concluiron.

Na categoría de Toda unha vida o galardón recaeu na catedrática xubilada de Filoloxía Románica da USC, a estradense Mercedes Brea López. Destacan os diversos cargos que ostentou nesta Universidade, desde directora do Servizo de Publicacións a vicerreitora de Profesorado e decana da Facultade de Filoloxía.

Brea dirixiu unha decena de proxectos de investigación do Plan Nacional, xunto a varios de carácter autonómico e o denominado Lírica galego-portuguesa, que se desenvolve no centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades. Esta liña de investigación, que está centrada na literatura románica medieval, precisamente ocupou e ocupa un lugar prioritario no seu traballo, así como o estudo do léxico e a expresión lingüística na lírica galego-portuguesa do medievo.

Por último, o premio San Martiño á difusión da lingua galega na comarca de Tabeirós-Terra de Montes recaeu nas empresas Ausama, con sede en Lamela (Silleda) e Ausavil, radicada en Matalobos (A Estrada), cos irmáns Antonio e Miguel Villar Costoyas ao fronte.

Ausavil dedícase á fabricación e venda dunha ampla gama de maquinaria e accesorios relacionados co sector forestal, xardinería, horta, enoloxía, oleomaquia, equipos de limpeza e auga a presión para lavados. Mentras, Ausama traballa na importación e distribución de maquinaria agrícola e gandeira. Estas firmas convertéronse, da man dos seus propietarios, nun foco emprendedor de proxectos culturais que tiveron na lingua galega a súa canle de referencia, sendo quen de normalizar o seu uso no ámbito das relacións comerciais e industriais, remarcan desde o padroado.

11 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.