Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 29 noviembre 2022
02:18
h

Teatro, tradición oral, cine e música no outono vimiancés

A memoria histórica, a lembranza do ‘Prestige’, a muller e tamén o humor encherán de contido 14 espectáculos de primeiro nivel

O outono trae a Vimianzo catorce espectáculos de primeiro nivel no panorama cultural galego que, a través do cine, a música, a narración oral e o teatro, porán sobre o escenario do Auditorio da Casa da Cultura historias, lembranzas, reivindicacións e tamén humor. A memoria histórica, as lembranzas do afundimento do Prestige, a loita das camareras de pisos ou o gran labor das mulleres rurais serán protagonistas dunhas funcións pensadas para divertirse e tamén para reflexionar.

O pano erguerase o 14 de outubro coa proxección da película Lúa vermella, enmarcada no Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Rurais.

O día 15 a compañía Os Monicreques de Kukas achegará a Vimianzo Don Gaiferos, obra de teatro con monicreques de fíos e música en directo na que se conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago e narra a viaxe do peregrino francés don Gaiferos de Mormaltan.

As televisivas Eva Iglesias e Inma Morandeira recalarán na capital de Soneira ca comedia Nais o 22 de outubro. Unha semana despois, Malasombra Producións presentará a comedia De algo hai que morrer protagonizada polos actores Xoque Carbajal e Jouse García.

Xa en novembro, o día 12, será́ a quenda da narración oral Como dicía o outro de Cándido Pazo,́ que contará historias, lerias, contos...

A encargada de recordar os 20 anos do afundimento do Prestige será́ a recoñecida compañía Chévere, que achegará o 19 de novembro o espectáculo N.E.V.E.R.M.O.R.E, a caixa negra do petroleiro, unha viaxe emocional á catástrofe que marcou as vidas dos habitantes da Costa da Morte. A veciñanza ten a oportunidade única de ver en Vimianzo unha obra que se estreou no Teatro María Guerrero de Madrid e xirou polo territorio nacional.

A mocidade do IES Terra de Soneira gozará da representación Mapoulas, mulleres libres de Montealto, de Laboratorio Escénico Coop. e participará nun coloquio guiado por Carmen Cotelo. Mapoulas é unha creación escénica multidisciplinar baseada nun feito histórico que mestura a dramatuxia teatral, a danza, a poesía e o audiovisual.

Pecha o mes de novembro, o sábado 26, a compañía Eléctrica co espectáculo Miss Docet que contou co patrocinio do Concello de Vimianzo. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia Docet se entretece coa doutras mulleres silenciadas despois de 1936. Como un desfile de voces, ecos e silencios, Miss Docet recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que veu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.

O día 3 de decembro a compañía A Panadaría presentará o espectáculo As que limpan que fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. O elenco está composto polas coñecidas Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Pecha a programación dos sábados de outono o 10 de decembro a compañía madrileña Punto De Partida Teatro coa súa última montaxe Foile, unha comedia dramática coa que emocionarse e rir a partes iguais e na que a vimiancesa Rosa Pérez forma parte do elenco.

As representacións deste outono cultural, destinadas a adultos serán os sábados ás 20.30 horas e a billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo. A venda anticipada das entradas será a través de www.woutick.es (gastos de xestión incluídos) ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Estará á venda na Casa da Cultura un bono para os 7 espectáculos (non inclúe os espectáculos Nais e As Mapoulas) por 30 € e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. O prezo de entrada é de 5 euros (reducida 2.50 €).

O espectáculo N.E.V.E.R.M.O.R.E ten un prezo de entrada de 8 € (reducida 6 €), e Nais de 15 € e gastos de xestión (venda www.ataquilla.com).

O programa foi presentado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen fixo un chamamento á veciñanza para que “aproveite e desfrute desta magnífica programación”. Agradeceu tamén a colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a técnica de Cultura, Nieves Lema.

Público infantil
Funcións de balde

··· O público infantil e familiar desfrutará do Outono Rebuldeiro, que acolle espectáculos de balde nas tardes dos domingos días 16 e 30 de outubro e 13 e 20 de novembro a partir das 18.30 horas. O programa inclúe Rockeamos, de Pakolas, coa súa Ramona Órbita; Festa malvada, de Teatro Calavera; Xogo revolto, de Trécola Producións; e O aniversario do avó, de Os Bolechas.

··· O programa foi presentado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen fixo un chamamento á veciñanza para que “aproveite e desfrute desta magnífica programación”. Estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e pola técnica de Cultura, Nieves Lema.

01 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.