Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tordoia vai aproveitar as axudas da Xunta para unha nova casa do maior

Fabiola García visitaba as dúas que xa están en funcionamento no municipio
// Están destinadas a persoas de máis de 60 anos e ofrecen servizos de balde

A Xunta concede axudas para a creación de 24 novas casas do maior coas que superará este ano o centenar de centros en funcionamento por toda Galicia, que sumarán en conxunto 535 prazas gratuítas de atención diúrna.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este venres as dúas instalacións deste tipo que hai en Tordoia, coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución da convocatoria de axudas deste exercicio 2022 para a entrada en servizo destes novos equipamentos. Estas dúas que están en funcionamento na vila atópanse ubicadas concretamente nos baixos da casa da cultura. O alcalde, Antonio Pereiro, indicou a este xornal que van aproveitar a nova convocatoria para crear unha terceira na Escola Unitaria de Castenda da Torre.

Fabiola García salientou que as casas do maior demostraron desde a súa posta en marcha hai catro anos que son un modelo de coidados de éxito e un servizo moi demandado nos concellos galegos. Os novos centros que se abrirán este ano distribúense, por provincias en: oito na de Ourense; seis na da Coruña e outras tantas na de Lugo; e catro en concellos da provincia de Pontevedra. As casas do maior son pequenos centros de día que atenden, sen coste algún, a un máximo de cinco persoas maiores de 60 anos ata oito horas diarias de luns a venres.

Ademais, ofrecen flexibilidade horaria e coidados profesionais, xa que os seus responsables teñen formación ou experiencia profesional específica. Con respecto ás axudas, hai que salientar que o Goberno galego achegará aos promotores de cada casa do maior un máximo de 15.000 euros para adecuar as instalacións e outros 19.600 € ao ano para o seu funcionamento. Así mesmo, para facilitar a súa xestión, contémplanse anticipos das axudas. Estes son do 80 % no caso da partida económica para a adecuación da infraestrutura, e no caso das subvencións para o seu funcionamento diario, poderá adiantarse ata o 100 % durante o primeiro ano e ata o 75 % os dous seguintes.

Ademais, a Xunta tamén axudará con cinco euros por usuario e día a aqueles promotores das casas que decidan asumir o servizo de transporte ao centro para os maiores. Están destinadas a persoas sen dependencia ou con grado I e II.

23 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.