Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Trataría de facer máis prazas de aparcamento”

Patricia Gallego, administrativa na Autoescola Compostela

    Cargando reproductor ...

Co posto de traballo en Bertamiráns, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro que trataría de mellorar é o aparcamento, xa que a determinadas horas e nalgunhas rúas está complicado. Tamén arranxaría as beirarrúas porque se agradecería máis espazo e amplitude. Despois, eu traballo aquí e xa merco moito en Bertamiráns. Non obstante, os horarios si que son complicados porque eu teño horario de comercio e os negocios téneno similar e xa os atopo pechados. Ademais a maioría non abren ao mediodía, e iso é un pequeno hándicap.

Que é o mellor do concello de Ames?

O mellor diría que é a tranquilidade e o ambiente familiar porque hai moitas familias con pequenos e é unha zona moi segura. Asemade temos moitas zonas verdes e hai parque cuberto, unha boa idea que deberían copiar noutros concellos.

E o que peor leva?

Diría que a falta de aparcamento e a zona de carga e descarga. Despois tamén que nalgunhas rúas hai exceso de velocidade. Eu ás veces vexo pasar a algúns coches que van rapidísimo por aquí, pola Rúa Pedregal. É fácil que se atopen con alguén que vaia cruzar e pode ocurrir calquera desgraza.

02 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.