Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Trataría de reducir o tráfico masivo”

Josefa Bermúdez

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, solteira, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro que faría sería quizais intentar que non houbese tanto tráfico para facer a zona máis tranquila. O segundo, crear máis zonas verdes para pasear con calma, alonxándose do ruído dos coches, e terceiro, centraríame nas beirarrúas porque aínda que son bastante anchas, hai que andarse con coidado para non tropezar cando as baldosas están levantadas ou soltas. Como adoita pasar, todo é mellorable.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é que aquí hai de todo, todo se atopa a un paso. Ademais é unha zona relativamente económica. Hai moito comercio, e eu sempre compro en Bertamiráns, excepto algunha vez que vou a Santiago. Quizais lles viría ben aos negocios locais máis axudas porque son malos tempos... Con todo, creo que sobreviven bastante ben. En Bertamiráns estamos ben servidos en todos os aspectos.

E o que peor leva?

Pode ser que o tráfico, pero son consciente de que é algo normal, cada vez reside máis xente en Bertamiráns e é lóxico que circulen coches constantemente. En resumo, non lle atopo desvantaxes a vivir aquí, estase moi ben. É económico e non hai que desprazarse se non queres.

30 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.